Trenton Lavar Hassell, nado o 4 de marzo de 1979 en Clarksville, Tennessee, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha estatura de 1,96 metros xogaba nas posicións de ala e escolta.
Traxectoria profesional Hassell foi escollido na 30ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Chicago Bulls. Na súa primeira tempada na NBA cos Bulls, acadou 8.7 puntos, 3.3 rebotes e 2.2 asistencias por encontro en 78 partidos. Na súa segunda tempada, Hassell disputou todos os partidos, nos que fixo 4.2 puntos, 3.1 rebotes e 1.8 asistencias por encontro.
O 23 de outubro de 2003, Hassell foi cortado polos Bulls, e seis días máis tarde asinou cos Minnesota Timberwolves, nos que foi titular habitual e asumiu o rol de especialista defensivo. O 28 de setembro de 2007, os Timberwolves traspasaron a Hassell ós Dallas Mavericks a cambio de Greg Buckner.
O 19 de febreiro de 2008, Hassell foi traspasado ós New Jersey Nets xunto a Keith Van Horn, Devin Harris, DeSagana Diop, Maurice Ager, 3 millóns de dólares e dúas eleccións da primeira rolda dos Drafts de 2008 e 2010. Os Mavericks recibiron a cambio a Jason Kidd, Malik Allen e Antoine Wright.Nets Acquire Harris
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Tennessee Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets