A selección de fútbol de Namibia é o equipo representativo de Namibia nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Asociación de Fútbol de Namibia (), pertencente á Confederación Africana de Fútbol (CAF) e á FIFA. Alcumados Brave Warriors (do ), nunca conseguiron participar na fase final dunha Copa do Mundo. Porén, conseguiron clasificarse para tres edicións da Copa de África de Nacións (1998, 2008, 2019), caendo en todas as ocasións na fase de grupos.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Asociación de Fútbol de Namibia Perfil de Namibia na páxina web da FIFA

Categoría:Fútbol en Namibia