, nado na provincia de Shanxi o 24 de outubro de 1966, é un astronauta chinés que formou parte das misións Shenzhou 7, Shenzhou 11 e Shenzhou 16, sendo o primeiro astrounauta chinés en participar en dúas misións.

Traxectoria Jing Haipeng graduouse como piloto na Escola de Aviación do Exército Popular de Liberación da Provincia de Hebei. Foi seleccionado como parte do primeiro grupo de astronautas chineses en xaneiro de 1998 e estivo entre os seis candidatos para a misión Shenzhou 6. Participou nas misións Shenzhou 7 (primeira misión chinesa con tres tripulantes), 11 (primeira misión chinesa cunha muller a bordo e primeira misión en acoplarse coa primeira estación espacial chinesa, Tiangong 1) e 16. Pasou un total de 201 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Shenzhou 7 Shenzhou 11 Shenzhou 16

Categoría:Astronautas da China Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Shanxi