Cría cuervos é un filme español de 1976 dirixido por Carlos Saura. O filme é unha obra alegórica sobre unha moza de oito anos que lida coa perda. Altamente aclamado, recibiu o Premio de Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1976. O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 49ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Ana (Geraldine Chaplin) diríxese á cámara e rememora a súa infancia dende a morte da súa nai, ocorrida vinte anos atrás. Ana séntese responsable, pois cre que o seu pai morreu como consecuencia de inxerir un vaso de leite que contiña unha substancia inocua que a nena pensou que era veleno. A raíz diso, a rapaza considera que posúe certos poderes especiais, un dos cales lle permite invocar a súa nai morta. Ana bota de menos a súa nai e imaxina vela con frecuencia, mais non chega a comprender que só se trata de alucinacións.

Personaxes Ana Torrent como Ana con 8 anos Conchi Pérez como Irene con 11 anos Maite Sánchez como Maite con 5 anos Geraldine Chaplin como nai de Ana e Ana de maior Mónica Randall como tía Paulina Florinda Chico como Rosa Josefina Díaz como avoa de Ana Héctor Alterio como Anselmo, pai de Ana Mirta Miller como Amelia Germán Cobos como Nicholas, marido de Amelia

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 49ª edición dos Óscar

Bibliografía D'Lugo, Marvin, The Films of Carlos Saura, Princeton University Press, 1991, Schwartz, Ronald, The Great Spanish Films: 1950 - 1990, Scarecrow Press, Londres, 1991, Stone, Rob, Spanish Cinema, Pearson Education, 2002, Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1976 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Carlos Saura Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre nenos