Abū Ḥanīfa al-Nuʽmān ibn Thābit (en ), nado en KufaHisham M. Ramadan, Understanding Islamic Law: From Classical to Contemporary, (AltaMira Press: 2006), páx. 26 (Iraq) en 699 e finado en Bagdad en 767, foi un teólogo e xurista musulmán de ascendencia persaPakatchi, Ahmad and Umar, Suheyl, "Abū Ḥanīfa", en: Encyclopaedia Islamica, Editors-in-Chief: Wilferd Madelung and, Farhad Daftary. coñecido como Abū Ḥanīfa ou como Imam Abū Ḥanīfa polos musulmáns sunnitas.ABŪ ḤANĪFA, Encyclopædia Iranica Converteuse no fundador da escola sunnita de xurisprudencia Hanafi, que continúa a ser a máis practicada na tradición sunnita, predominando en Asia Central, Persia (ata o século XVI), Bosnia, Albania, Skopje, Rusia, Chechenia, Afganistán, Paquistán, Bangladesh, a India, Turquía e algunhas partes do mundo árabe.

No islam sunnita adoita ser aludido polos títulos de al-Imām al-Aʿẓam ("O Máis Grande Imán") e Sirāj al-aʾimma ("A Lámpada dos Imáns").S. H. Nasr (1975), "The religious sciences", in R.N. Frye, The Cambridge History of Iran, Volume 4, Cambridge University Press. páx. 474: "Abū Ḥanīfah, who is often called the "grand imam"(al-Imam al-'Azam) was Persian Tamén é un recoñecido estudoso e unha importante personalidade entre os musulmáns sunnitas.

Traxectoria Fillo dun comerciante de Kufa, fixo fortuna no negocio da seda e estudou dereito a cargo do célebre xurista Ḥammād. Despois da morte do seu mestre en 738, Abū Ḥanīfah converteuse no seu sucesor. Foi o primeiro en desenvolver doutrinas legais sistemáticas a partir da tradición xurídica islámica acumulada.

Foi principalmente un home de letras, non aceptou unha xudicatura nin tampouco tomou parte activa na política dos tribunais; apoiou os herdeiros de Ali ibn Abi Talib por riba das gobernantes dinastías Omeia e Abbásida.

O seu sistema doutrinal converteuse nunha das catro escolas de xurisprudencia da lei islámica e continúa a ser a máis seguida das catro madhahab sunnitas.

Abū Ḥanīfa e os imáns xiítas É ben sabido que Abū Ḥanīfa foi un dos alumnos destacados de Muhammad al-Baqir e de Ya'far as-Sadiq (considerados como o quinto e sexto imáns xiítas, respectivamente) na universidade deste último, en que estudaron tamén recoñecidas personalidades como Jābir ibn Hayyān, considerado o fundador da química moderna.

Obras Kitaab-ul-Aathar - compilación de 70000 hadith Kitabul Assar Aalim wa'l-muta‘allim Fiqh al-Akbar Jaami’ul Masaneed Kitaabul Rad alal Qaadiriyah

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas The Life of Imam Abu Hanifa Biography at Lost Islamic History Imam Abu Hanifa by Jamil Ahmad Al-Wasiyyah of Imam Abu Hanifah Translated into English by Shaykh Imam Tahir Mahmood al-Kiani Book on Imam e Azam Abu Hanifa Abu Hanifa on Muslim heritage Imām Abū Ḥanīfah By Shiekh G. F. Haddad Some teachers and students of Imam Abu Hanifa

Categoría:Nados en Iraq Categoría:Nados en 699 Categoría:Finados en 767 Categoría:Teólogos musulmáns Categoría:Personalidades do dereito