Carme Lluveras Puig, nada en L'Hospitalet de Llobregat, é unha adestradora de baloncesto catalá.

Traxectoria Non hai constancia publica do seu ano de nacenza. Na tempada 1979-80 xogou no CB Peter Pan Cibes e na tempada seguinte, en 1980, comezou a adestrar nas categorías inferiores do CB l'Hospitalet. En 1984 debutou na primeira división feminina á fronte do Natural Cusí del Masnou, equipo que dirixiu durante catro tempadas. Posteriormente adestrou os equipos femininos do Real Club Celta BaloncestoO equipo fichouna como adestradora mais a desaparición do equipo en agosto de 1988 impediu a súa participación na liga: , Dorna Godella (1989/1990), CB Xerox Vigo (1991/1992), CD Reus Ploms (1992/1994) e Bàsquet Draft Gramenet. En 1995 pasou a adestrar equipos da categoría masculina logo de se incorporar ao CB Aracena (1995-99), que ascendeu da segunda categoría catalá á liga EBA e na súa tempada no equipo logrou o título da Liga Catalana EBA e o terceiro posto na fase final da categoría. Na tempada 1998-99 a ACEB elixiuna como a mellor adestradora afeccionada. En 2000 fichou pola Universidade de Barcelona BF, e logrou o título da liga feminina de 2003. En 2005 fichou polo Unicaja Málaga para integrar o corpo técnico de Sergio Scariolo, un fito no baloncesto español, e en xaneiro de 2006 incorporouse ao club Ros Casares de Valencia como directora xeral, cargo que ocupou ata a desaparición do club en 2012. Colabora habitualmente dende 2003 en diversos programas de Catalunya Ràdio como comentarista deportiva.

Palmarés 1 Liga Española de Baloncesto Feminino: 2002-03 1 Copa Española de Baloncesto Feminino: 1984-85 4 Liga Catalá de Baloncesto Feminino: 1984-85, 2000-01, 2001-02, 2003-4

Notas

Categoría:Nados en L'Hospitalet de Llobregat Categoría:Adestradores de baloncesto de España Categoría:Personalidades da radio de España Categoría:Nados en ano descoñecido