O río Pechora (tamén transliterado como Petchora) (en komi, Печӧра; nenezo, Санэроˮ яха ) é un río do norte da Rusia europea que desemboca no mar do mesmo nome (no mar de Barents, océano Ártico). Ten unha lonxitude de 1809 km (6° máis longo de Europa) e drena unha conca de 322 000 km². Administrativamente, discorre pola república de Komi e o distrito autónomo de Nenetsia.

Xeografía O Pechora nace nos Montes Urais, en Rusia e termina no mar Pechora, pasando por varias cidades, entre elas Pechora, que dá nome ao río. Pola súa posición nos meses de inverno permanece conxelado, mentres que o resto do ano pódese navegar por el.

Notas

Categoría:Ríos de Europa