Mayday () é un sinal de socorro utilizado internacionalmente como chamada de emerxencia nas comunicacións de radiotelefonía.
Emprégase para indicar unha emerxencia na que hai risco de perder a vida en diversos ámbitos como na aviación e na mariña e, nalgúns países, tamén o utilizan as forzas policiais, os bombeiros e as organizacións de transporte. A chamada sempre se fai tres veces seguidas para evitar confusións: «mayday mayday mayday».
Orixe do termo Aider é o infinitivo do verbo reflexivo «axudar» na sintaxe francesa. Non obstante, non se usa como unha orde imperativa por si mesma. Por este motivo a conversión realmente quere dicir, abreviado en francés, «venez m’aider» («acudídeme»). A forma imperativa "m'aidez" (gramaticalmente o correcto sería «Aidez-moi») considérase unha alternativa aceptable.
No entanto, en ambos casos mayday debe ser considerada unha representación fonética inglesa. Convén resaltar que en inglés a frase utilízase só como chamada de socorro, mentres que no francés ten menos sentido de urxencia que a súa forma en inglés. O que os francofalantes utilizan en caso de emerxencia é a chamada «au secours!» (, «socorro!»).
Chamada de auxilio A situación na que se utiliza mayday é cando unha embarcación, un avión ou un vehículo se atopa en perigo grave e inminente, e require axuda inmediata. As situacións de «perigo grave e inminente» nos que sería apropiada unha chamada de mayday poden ser lume, explosión ou afundimento. Tamén se utiliza en aeronáutica, cando a aeronave está en grave risco de accidente, xa sexa por fallos nos sistema de navegación, condicións climáticas adversas, secuestro, ameaza terrorista etc.
Seelonce mayday "Seelonce mayday" () é unha esixencia para que o canal se utilice unicamente polos buques e as autoridades involucradas na emerxencia. O canal non se pode utilizar polo tráfico convencional ata que se transmita "seelonce feenee" (). "Seelonce feenee" significa que a situación de emerxencia rematou e o canal pode usarse normalmente a partir dese momento.
Tanto "seelonce mayday" como "seelonce feenee" só poden ser comunicados pola estación de control a cargo da emerxencia.
A expresión "stop transmitting – mayday" é o equivalente aeronáutico de "seelonce mayday". "Seelonce distress" e "prudonce" xa non se utilizan dende a Conferencia Mundial de Radiocomunicación do ano 2007 da Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT). "Distress traffic ended" é o equivalente aeronáutico de "seelonce feenee".
Historia A chamada de emerxencia mayday xurdiu en 1923 no aeroporto de Croydon en Londres dun operador de radiotelefonía. Solicitóuselle ó operador Frederick Stanley Mockford que pensara unha palabra que indicase angustia e que fose comprendida facilmente por tódolos pilotos e o persoal de terra durante unha situación de emerxencia. Dado que naquel momento no aeroporto de Croydon gran parte do tráfico se producía co aeroporto de Le Bourget en París, propuxo a expresión mayday do francés m'aider, forma abreviada de «venez m'aider» («acudídeme»).
En 1927 a chamada de emerxencia mayday foi adoptada pola Convención Radiotelegráfica Internacional de Washington como chamada de socorro radiotelefónica. Antes de mayday, SOS era o seu equivalente radiotelegráfico no código Morse.
Notas Tódalas referencias en inglés agás cando se indique o contrario
Véxase tamén
Outros artigos CQD SOS pan-pan
Categoría:Seguridade