Tarlan Parvaneh (), nada en Xiraz o 9 de xullo de 1998, é unha actriz iraniana.

Traxectoria Seu pai era enxeñeiro e foi súa nai quen procurou desenvolver a súa carreira como actriz. Debutou no cinema como actriz infantil en 2005 co filme Zane Badali, e dende entón apareceu en máis de 60 proxectos cinematográficos e de televisión e como actriz infantil unha das súas interpretacións máis salientables foi en Ahooye Pishooni Sefid filme dirixido en 2011 por Javad Hashemi e que lle supuxo o premio á mellor actriz nova no Festival Internacional de Cinema para Nenos e Xente Nova. Como actriz adulta salienta a súa participación en Pishooni Sefid III (2019).

Notas

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Actores de Irán Categoría:Actores infantís Categoría:Nados en Fars