Marie Dionne Warrick, nado en East Orange, Nova Jersey, 12 de decembro de 1940, de nome artístico Dionne Warwick, é unha cantante estadounidense de soul e pop. E irmá de Dee Dee Warwick, sobriña de Cissy Houston e curmá de Whitney Houston.

Gañadora de seis premios Grammy, Warwick vendeu máis de 85 millóns de discos en todo o mundo. O traballo musical máis eloxiado de Dionne Warwick foi o que realizou cos compositores Hal David e Burt Bacharach.

Traxectoria Iniciouse na música como cantante gospel coa súa familia. O seu debut en solitario da man de Burt Bacharach en 1962 ("Don't Make Me Over") apareceu por unha errata de imprenta baixo o apelido Warwick, non Warrick; un erro que propiciou o nome artístico de Dionne para o resto da súa carreira. Este sinxelo tivo un certo éxito, situación que non volveu repetirse ata 1964 con "Anyone Who Had a Heart" e "Walk on By", sendo este último un éxito no Reino Unido. Sucedéronlles outros ata 1971 en que abandonou a discográfica Scepter por unha forte disputa mantida con Bacharach.

Entre as súas interpretacións máis lembradas están "Alfie", "I Say A Little Prayer For You", "Promises, Promises", "This Girl's In Love With You", "Endless Love" (canción que gravou con Barry White e que tamén interpretou con Tom Jones), "I Always Get Caught in The Rain", "Who Can I Turn To" ou "I'll Never Fall in Love Again".

Na súa etapa posterior en Warner, conseguiu o éxito co tema "Then Came You", de 1974 escrito por Thom Bell e Linda Crede e interpretado nun dueto con The Spinners.

En 1979 obtivo o éxito con "I'll Never Love This Way Again", unha balada pop escrita por Richard Kerr e Will Jennings, producida por Barry Manilow, canción que recibiu un Grammy en 1980. A balada alcanzou o número 5 nos Billboard Hot 100, e a canción e o álbum onde se incluía recibiron a cualificación de ouro por vender máis dun millón de copias nos Estados Unidos e o Canadá. Neste segundo país a pista acadou o número 6 durante varias semanas consecutivas. O éxito incluíuse no álbum debut homónimo de Dionne Warwick.

Na década dos 80, e tras un novo cambio de selo discográfico, obtivo un novo éxito con "Heartbreaker" en 1982, canción composta por The Bee Gees coa voz de Barry Gibb no coro. A partir dese momento as súas gravacións foron espazándose, ata unha subida de popularidade en 2006 cun álbum de duetos (My Friends & Me).

O 16 de outubro de 2002, Dionne Warwick foi nomeada Embaixadora de Boa VontadeEmbaixadora de Boa Vontade da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO).

En marzo de 2013, saltou a noticia de que a cantante se declarou en bancarrota, con débedas acumuladas duns dez millóns de dólares.

Discografía Ano Álbum Posición máis alta nas listas Certificacións Discográfica US USR&B AUS CAN GER NL NZ UK1963 Presenting Dionne Warwick — — — — — — — 14 Scepter1964 Anyone Who Had a Heart — — — — — — — — Make Way for Dionne Warwick 68 10 — — — — — — 1965 The Sensitive Sound of Dionne Warwick 107 — — — — — — — Here I Am 45 3 — — — — — — 1966 Here Where There Is Love 18 1 — — — — — 39 RIAA: Ouro1967 On Stage and in the Movies 169 11 — — — — — — The Windows of the World 22 11 — — — — — — 1968 Dionne Warwick in Valley of the Dolls 6 2 — — — — — 10 RIAA: Ouro The Magic of Believing (con The Drinkard Singers) — 49 — — — — — — Promises, Promises 18 7 — 15 — — — — 1969 Soulful 11 2 — 16 — — — — 1970 I'll Never Fall in Love Again 23 7 13 31 — — — — Very Dionne 37 8 — 35 — — — — 1972 Dionne 54 22 — — — — — — Warner Bros.1973 Just Being Myself 178 — — — — — — — 1975 Then Came You 167 35 — — — — — — Track of the Cat 137 15 — — — — — — 1977 Love at First Sight — — — — — — — — 1979 Dionne 12 10 35 30 — — — — RIAA: Platino Arista1980 No Night So Long 23 22 98 73 — — — — 1982 Friends in Love 83 33 72 — — — — — Heartbreaker 25 13 14 — 18 5 32 3 RIAA: Ouro BPI: Platino NVPI: Ouro1983 How Many Times Can We Say Goodbye 57 19 — — — — — 60 1985 Finder of Lost Loves 106 50 — — — — — 86 Friends 12 8 29 16 — — — — RIAA: Ouro MC: Ouro1987 Reservations for Two 56 32 — 87 — — — — 1990 Dionne Warwick Sings Cole Porter 155 — — — — — — — 1993 Friends Can Be Lovers — 84 — — — — — — 1994 Aquarela do Brasil — — — — — — — — 1998 Dionne Sings Dionne — — — — — — — — River North2000 Dionne Sings Dionne, Vol. 2 — — — — — — — — 2004 My Favorite Time of the Year — — — — — — — — Rhino/DMI2006 My Friends & Me — 66 — — — — — — Concord2008 Why We Sing — — — — — — — — Rhino2011 Only Trust Your Heart — — — — — — — — RED Distribution2012 Now — — — — — — — 57 H&I Music2014 Feels So Good — — — — — — — — Bright Music2019 She's Back — — — — — — — — Kind Music Dionne Warwick & the Voices of Christmas — — — — — — — — "—" indica unha gravación que non entrou nas listas ou que non foi estreada nese territorio.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas VH1 Site Rolling Stone site The Scepter Records Story

Categoría:Nados no condado de Essex, Nova Jersey Categoría:Nados en 1940 Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana Categoría:Estadounidenses de ascendencia brasileira Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa