A praia de Las Conchas é unha praia virxe situada no noroeste da illa canaria de La Graciosa, na provincia das Palmas, España.
Características Con 610 m de lonxitude de fina area branca, é un dos recunchos máis visitados polos viaxeiros que buscan a tranquilidade e a beleza da paisaxe. Como está en pleno océano Atlántico, a ondada na praia adoita ser forte e algo perigosa e é recomendable extremar a precaución ao bañarse, xa que non hai ningún posto de socorrismo.
Acceso Atópase a un 5,2 km de distancia do principal núcleo de poboación da illa, Caleta de Sebo. Pódese chegar a ela camiñando, en bicicleta ou en taxi.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Conchas Categoría:La Graciosa