A condesa descalza (en inglés, The Barefoot Contessa) é un filme estadounidense de 1954 escrito e dirixido por Joseph L. Mankiewicz sobre a vida e os amores da ficticia sex symbol española Maria Vargas. Está protagonizada por Humphrey Bogart, Ava Gardner e Edmond O'Brien. Pola súa interpretación, O'Brien gañou o Óscar e o Globo de Ouro ao mellor actor secundario.
Emitiuse en galego na TVG o 14 de decembro de 1991.La Voz de Galicia, 14 de decembro de 1991. Páxina 71
Argumento O director de cinema Harry Dawes (Humphrey Bogart) acode ao funeral da bela condesa Torlato-Favrini, antes a famosa actriz e bailarina española Maria Vargas (Ava Gardner), que el mesmo lanzara ao éxito. A partir de aí, comeza a lembrar como a coñeceu nunha sala de baile en España e como o millonario produtor independente Kirk Edwards (Warren Stevens) impresionado pola súa beleza lle ofrecera un contrato no seu novo filme, que ía dirixir Dawes. Ao filme é un éxito, mais paralelamente ao ascenso de Maria, está o seu fracaso no aspecto sentimental.
Personaxes
Humphrey Bogart como Harry Dawes Ava Gardner como Maria Vargas Edmond O'Brien como Oscar Muldoon Marius Goring como Alberto Bravano Valentina Cortese (acreditada como Valentina Cortesa) como Eleanora (Eleonora) Torlato-Favrini Rossano Brazzi como Count Vincenzo Torlato-Favrini Elizabeth Sellars como Jerry Dawes Warren Stevens como Kirk Edwards Franco Interlenghi como Pedro Vargas Mari Aldon como Myrna Alberto Rabagliati como Nightclub proprietor Enzo Staiola como Busboy Maria Zanoli como Maria's Mother Renato Chiantoni como Maria's Father Bill Fraser como J. Montague Brown John Parrish como Mr. Black Jim Gerald como Mr. Blue Diana Decker como Drunken Blonde Riccardo Rioli como Gypsy Dancer Tonio Selwart como The Pretender Margaret Anderson como The Pretender's Wife Gertrude Flynn como Lulu McGee John Horne como Hector Eubanks Bessie Love como Mrs. Eubanks Bob Christopher como Eddie Blake Anna Maria Paduan como Chambermaid Carlo Dale como Chauffeur
Notas
Véxase tamén
Categoría:Filmes de 1954 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Joseph L. Mankiewicz Categoría:Filmes rodados en Roma Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes ambientados en Roma Categoría:Filmes ambientados en Madrid Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de 1954 con versión en galego