Unidas Podemos (Podemos-IU), tamén coñecida como UP, é unha coalición electoral española rexistrada o 15 de marzo de 2019. É herdeira da coalición Unidos Podemos, da que se diferenza no xénero gramatical, cambio atribuído ao «auxe do movemento feminista».
Foi rexistrada para presentarse ás eleccións xerais de abril de 2019 e estaba conformada por Podemos, Izquierda Unida e Equo. Equo abandonou a alianza en setembro dese mesmo ano. Podemos e IU volveron presentarse co nome de Unidas Podemos ás eleccións xerais de novembro de 2019.
Historia O 26 de maio de 2018 a dirección de Podemos aprobou un protocolo de alianzas de cara aos seguintes procesos electorais de ámbitos europeo, autonómico e municipal. O nome proposto para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 foi Unidas Podemos cambiar Europa, ao que se sumarían Izquierda Unida e Podemos despois das súas respectivas primarias.
No ámbito autonómico a fórmula sería similar aínda que aparecería tamén a marca de todos os actores que participen na coalición. No ámbito municipal respectaríase a aqueles lugares onde Podemos e Izquierda Unida opten finalmente por presentarse por separado, así como marcas municipais xa implantadas que decidisen revalidarse.
Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 presentouse en todas as circunscricións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, excepto nas catalás (Barcelona, Xirona, Lleida e Tarragona), onde se presentou a coalición En Comú Podem-Guanyem el Canvi, e galegas (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra), onde se presentou a coalición En Común-Unidas Podemos, a ambas Cámaras, e ao Senado en Navarra e Mallorca, onde se presentou a coalición Unidas Podemos-Veus Progressistes.
Resultados electorais Eleccións xerais Eleccións Candidato Votos % Deputados Compoñentes2019 (I)Pablo Iglesias 3 135 480 11,97 %Podemos: 29IU: 5Equo: 12019 (II)Pablo Iglesias2 364 1929,80 %Podemos: 23IU: 3
Denominacións por circunscricións Eleccións xerais de novembro de 2019 + Eleccións xerais de España de novembro de 2019NomeSiglasÁmbitoUnidas PodemosPodemos-IUAragón, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León,Estremadura, Madrid, Murcia, A Rioxa, Ceuta e Melilla.Podemos-IU LV CAAndalucíaPodemos-EUPVComunidade ValencianaPodemos-IU-BatzarreNavarraEn Comú Podem-Guanyem el CanviECP-Guanyem el CanviCataluñaElkarrekin Podemos-Unidas PodemosPodemos-IUPaís VascoEn Común-Unidas PodemosPodemos-EUGaliciaUnidas Podemos-Xuníes PodemosPodemos-IXAsturiasUnidas Podemos-Unides PodemPodemos-EUIBIllas Baleares Nas circunscricións onde non se presentou a candidatura Más País, a formación Equo pediu o voto para Unidas Podemos ou equivalente.
Eleccións xerais de abril de 2019 + Eleccións xerais de España de abril de 2019NomeSiglasÁmbitoUnidas PodemosPodemos-IU-EquoAragón, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León,Estremadura, Madrid, Murcia, A Rioxa, Teruel, Zaragoza, Ceuta e Melilla.Podemos-IU LV CA-EquoAndalucíaPodemos-EUPVComunidade ValencianaPodemos-IU-Equo-BatzarreNavarraEn Comú Podem-Guanyem el CanviECP-Guanyem el CanviCataluñaElkarrekin Podemos-Unidas PodemosPodemos-IU-Equo BerdeakPaís VascoEn Común-Unidas PodemosPodemos-EU-Mareas en Común-EquoGaliciaUnidas Podemos-Xuníes PodemosPodemos-IX-EquoAsturiasUnidas Podemos-Alto Aragón en ComúnPodemos-IU-Equo-Alto Aragón en ComúnHuescaUnidas Podemos-Unides PodemPodemos-EUIBIllas Baleares (Congreso) e en Menorca e Eivissa-Formentera (Senado)Unidas Podemos-Veus ProgressistesPodemos-EUIB-MÉS-ERCMallorca (Senado)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Podemos Izquierda Unida Equo
Ligazóns externas Unidas Podemos
Categoría:Organizacións políticas de España Categoría:Podemos