O deserto da Gran Bacía é un gran deserto dos Estados Unidos de América, que con 409 000 km² é o máis grande do país. Comprende case todo o estado de Nevada, a metade occidental de Utah e pequenos sectores en Oregón, Idaho e California. Está limitado pola cordilleira de Serra Nevada no oeste, as Montañas Rochosas no leste, a meseta do Columbia ao norte e os desertos de Mojave e Sonora ao sur. O deserto da Gran Bacía, a diferenza dos desertos de Mojave e Sonora, carece de arbustos de creosota e definiuse aos efectos dun informe de 1986 por J. Robert Macey quen distinguiu entre o «Deserto Gran Bacía Scrub» fronte ao «Deserto de creosota Bush». As precipitacións na rexión do deserto varían de 230 e 300 mm de choiva ao ano, e inclúe varias bacías áridas sen Larrea tridentata, como o Val Chalfant, o Val Hammil, o Val Benton e o Val Queen, así como nunha porción sueste do Val Owens
Polo contrario, o Val Panamint, o Val Saline e o Val Eureka teñen o arbusto da creosota, fronte ao Deep Springs Valley que contén o arbusto do deserto da Gran Bacía.--versus the region(s) with < annual precipitation. NOTE: The term "Great Basin Desert" does not appear in the 1964 Great Basin report by Banta and Tanner:
O deserto da Gran Bacía é un deserto frío causado polo efecto sombra de choiva que provoca a Serra nevada ao oeste.National Park Service, Great Basin National Park A flora predominante son monótonas extensións de Atriplex confertifolia e Atriplex confertifolia.
O ecotón demarca o norte do deserto de Mojave é o bordo do hábitat do arbusto da creosota e é tamén a demarcación sur da estepa arbustiva da Gran Bacía e a ecorrexión de Great Basin e os seus contrafortes. O ecotón establécese polo aumento da elevación, descenso da temperatura a maior altitude e as precipitacións (menos sombra de choiva en latitudes máis altas). miniatura|esquerda|Sombra de choiva Especies en perigo A topografía do Deserto da Gran Bacía (montañas illadas seperadas unha da outra por amplas extensións de vales desérticos) provoca que sexa vulnerábel ás extincións. As poboacións que ocupan os cumes altos están separadas unha da outra polo que non poden cruzarse. As poboacións pequenas son máis vulnerábeis xa que en xeral teñen menos diversidade xenética e polo tanto menos habilidade para adaptarse ás condicións de cambio. O bombeo das augas subterráneas, a construción de estradas e edificacións, o pastoreo e a minaría son todas actividades que alteran o hábitat, o que incrementa a ameaza de extincións. O deserto da Gran Bacía é o fogar de moitas especies ameazadas e en perigo:[url=http://www.nps.gov/grba/learn/education/upload/Unit%205-2.pdf Ecology of the Great Basin] Aves: Sterna antillarum athalassos Peixes: Oncorhynchus clarki henshawi, Eremichthys acros, Lepidomeda albivallis Mamíferos: Cynomys parvidens Plantas: Astragalas lentiginosus var. sesquimetralis, Spiranthes diluvialis
Notas
Véxase tamén
Categoría:Desertos de América Categoría:Xeografía dos Estados Unidos de América Categoría:Xeografía de Nevada Categoría:Utah Categoría:Oregón Categoría:Xeografía de Idaho Categoría:Xeografía de California