Maceo Demond Baston, nado o 29 de maio de 1976 en Corsicana, Texas, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria Baston foi seleccionado na 58ª posición do Draft da NBA de 1998 polos Chicago Bulls, pero non chegou a xogar con eles, así que comezou a xogar coma profesional nos Quad City Thunder da Continental Basketball Association (CBA), onde foi elixido para xogar o All-Star no ano 2000.

O 28 de xullo de 2006, Baston asinou cos Indiana Pacers un contrato de dous anos e 1.8 millóns de dólares, sendo o segundo deles opcional para o xogador. Xogou 47 partidos cos Pacers nos que acadou 3 puntos por encontro. O 11 de xullo de 2007, Baston aceptou unha oferta dos Toronto Raptors por dúas tempadas e 3.8 millóns de dólares.Raptors sign free agent Baston to 2-year, $3.8M deal 11 de xullo de 2007. Os Pacers decidiron non igualar a oferta, e Baston converteuse en xogador dos Raptors.Baston heading to Raptors after Pacers don't match offer sheet 18 de xullo de 2007. O 9 de xullo de 2008, os Pacers ficharon de novo a Baston, nun traspaso que tamén incluíu a Jermaine O'Neal e T.J. Ford.

O 9 de setembro de 2010, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga LEB Ouro.Maceo Baston, un doble ganador de la Euroliga, para el Obradoiro Tras participar en tan só dous partidos, o 14 de outubro de 2010, o Obradoiro decidiu rescindir o contrato do xogador.Maceo Baston rescinde su contrato con Obradoiro

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en ACB.com

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados no condado de Navarro, Texas Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do BC Budivelnyk