Os Memphis Grizzlies son un equipo profesional de baloncesto de Memphis, Tennessee. Xogan na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Xunto aos Toronto Raptors, os Grizzlies foron fundados en 1995 como parte da expansión da NBA no Canadá. O equipo comezou en Vancouver, e trasladouse no ano 2001 a Memphis.
Canchas Vancouver General Motors Place (1995–2001) Memphis Pyramid Arena (2001–2004) FedExForum (2004–presente)
Historia Vancouver
Os Vancouver Grizzlies xunto ós Toronto Raptors convertéronse en franquías da National Basketball Association en 1995. Ámbolos dous equipos foron os primeiros en xogar no Canadá dende que o fixeran os Toronto Huskies na tempada 1946-1947. Inicialmente o equipo foi composto de xogadores conseguidos nun draft de expansión, sendo a primeira elección dos Grizzlies Bryant Reeves. Aínda que gañaron o seu primeiro partido na casa, acabaron a tempada 1995-1996 co peor balance da NBA, o normal para un equipo novo na liga. En 1996, os Grizzlies elixiron no draft a Shareef Abdur-Rahim no posto número tres. Pero os Grizzlies continuaban a loitar sen éxito, e na tempada 1996-1997 perderon 23 partidos seguidos (récord da NBA compartido cos Denver Nuggets), dende febreiro ata abril, a remataron co peor récord da liga de novo.
En 1997, os Grizzlies elixiron no draft a Antonio Daniels co número 4. Viuse unha lixeira melloría no equipo, que acabou no sexto posto da división. Pero volveron ó derradeiro posto na tempada seguinte, malia a elección do base Mike Bibby no segundo posto no draft de 1998. Na tempada da folga de 1999, só gañarían oito partidos.
Despois da folga, a asistencia á cancha dos Grizzlies comezou a descender, e os donos do equipo, a empresa OrcaBay (que tamén posuía os Vancouver Canucks da National Hockey League) comezou a perder cartos. Michael Heisley mercou o equipo en 2000, pero despois doutro ano con baixa venda de entradas, decidiu muda-lo equipo a Memphis, Tennessee.
Memphis Despois do traslado a Memphis na pretempada 2001-2002, o equipo contratou ó ex xogador de Los Angeles Lakers e membro do Hall of Fame da NBA Jerry West como General Manager en 2002, quen recibiría na tempada 2003-2004 o premio ó Executivo do Ano da NBA. No draft do ano 2001 elixiríase a Pau Gasol na terceira posición, que gañaría o premio ó Rookie do Ano. Na tempada 2002-2003 tamén sería fichado Hubie Brown como adestrador xefe. Logrou gañar o premio ó Adestrador do Ano na seguinte tempada tras alcanzar-los playoffs por primeira vez na historia dos Grizzlies quedando sextos de conferencia.
Hubie Brown foi despedido na tempada 2004-2005, no momento no que os Grizzlies estaban a ter un balance negativo. Jerry West asinou ó analista da TNT e antigo adestrador Mike Fratello. O balance mellorou e o equipo logrou entrar na postempada por segunda vez consecutiva. Os Grizzlies tiveron un período de vacacións moi activo, no que remodelaron o equipo e engadiron talento veterano. Perderon a Bonzi Wells, a Jason Williams, a Stromile Swift e a James Posey, pero adquiriron a Damon Stoudamire, a Bobby Jackson e a Eddie Jones.
Nesa tempada lograron chegar ós playoffs por terceira vez seguida, cualificándose como quintos na Conferencia Oeste. Tiveron que enfrontarse ós Dallas Mavericks e foron varridos en catro partidos. A franquía de Memphis ten o récord de derrotas consecutivas en playoffs, 12, que fan tres anos sen gañar nin unha serie, e nin un encontro en postempada na curta historia da franquía.
2008-presente: Gay e Randolph O 22 de xaneiro de 2009, o adestrador Marc Iavaroni foi despedido e substituído temporalmente polo adestrador asistente de Iavaroni, Johnny Davis. Coma substituto, chegou Lionel Hollins o 25 de xaneiro de 2009.
O 25 de xuño de 2009, coa segunda elección do Draft da NBA, os Grizzlies seleccionaron ao pivote Hasheem Thabbeet da Universidade de Connecticut, e seleccionaron máis tarde a DeMarre Carroll da Universidade de Missouri coa 27ª elección.
O 9 de setembro de 2009, os Grizzlies asinaron coma axente libre a Allen Iverson por un ano e 3.5 millóns de dólares. A fichaxe de Iverson xerou moita controversia debido á súa tempada anterior nos Detroit Pistons, a pesar de que el comentou que estaba impaciente e emocionado por axudar ao equipo. Malia as súas boas intencións, tan só xogar en tres partidos, ningún deles en Memphis, antes de deixar o equipo por "problemas persoais". Despois, foi cortado polos Grizzlies.Grizzlies Officially Waive Iverson , "Grizzlies officially waive Iverson", Yahoo! News, 17 de novembro de 2009.
Tras a saída de Iverson, os Grizzlies foron mellorando pouco a pouco. Coa adquisición de Zach Randolph xogando ao nivel de All-Star, a mellora de Marc Gasol e a entrega e intensidade da defensa, os Grizzlies foron candidatos a playoffs durante gran parte da tempada 2009-10, antes de rematar 10º no Oeste, cun récord de 40-42.
Na tempada 2010-11, cumpríronse 10 anos de baloncesto en Memphis. Esta tempada foi diferente ás demais, cambiaron o deseño da pista cun logo do 10º aniversario nela. Malia que os Grizzlies e os seareiros estaban a celebrar o décimo aniversario, o equipo fixo unha gran tempada, e quedou 8º, clasificándose para os playoffs. Remataron cun récord de 46-36 esa tempada.
Tempadas Campións da NBACampións de ConferenciaCampións de DivisiónClasificado para Playoffs
TempadaConferenciaDivisión Posición V D % PDPlayoffsAdestrador <font color="#f71212">Vancouver Grizzlies Oeste Medio-Oeste 7º 15 67 .183 44 Brian Winters Oeste Medio-Oeste 7º 14 68 .171 50 Brian WintersStu Jackson Oeste Medio-Oeste 6º 19 63 .232 43 Brian Hill Oeste Medio-Oeste 7º 8 42 .160 29 Brian Hill Oeste Medio-Oeste 7º 22 60 .268 33 Brian HillLionel Hollins Oeste Medio-Oeste 7º 23 59 .280 35 Sidney Lowe <font color="#7197c7">Memphis Grizzlies Oeste Medio-Oeste 7º 23 59 .280 35 Sidney Lowe Oeste Medio-Oeste 6º 28 54 .341 32 Sidney LoweHubie Brown Oeste Medio-Oeste 4º 50 32 .610 8 Perde primeira rolda vs. San Antonio Spurs, 0–4 Hubie Brown Oeste Suroeste 4º 45 37 .549 14 Perde primeira rolda vs. Phoenix Suns, 0–4 Hubie BrownLionel HollinsMike Fratello Oeste Suroeste 3º 49 33 .598 14 Perde primeira rolda vs. Dallas Mavericks, 0–4 Mike Fratello Oeste Suroeste 5º 22 60 .268 45 Mike FratelloTony Barone Oeste Suroeste 5º 22 60 .268 34 Marc Iavaroni Oeste Suroeste 5º 24 58 .293 30 Marc IavaroniJohnny DavisLionel Hollins Oeste Suroeste 4º 40 42 .488 15 Lionel Hollins Oeste Suroeste 3º 46 36 .561 15 Gaña primeira rolda vs. San Antonio Spurs, 4–2Perde semifinais de Conferencia vs. Oklahoma City Thunder, 3–4 Lionel Hollins Oeste Suroeste 2º 41 25 .621 9 Perde primeira rolda vs. Los Angeles Clippers, 3–4 Lionel Hollins Oeste Suroeste 2º 56 26 .683 2 Gaña primeira rolda vs. Los Angeles Clippers, 4–2Gaña semifinais de Conferencia vs. Oklahoma City Thunder, 4–1Perde finais de Conferencia vs. San Antonio Spurs, 0–4 Lionel Hollins Oeste Suroeste 3º 50 32 .610 12 Perde primeira rolda vs. Oklahoma City Thunder, 3–4 David Joerger
Xogadores Cadro actual
Líderes históricos Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía. Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.
Puntos anotados (a finais da temporada )
Mike Conley (11.733) Marc Gasol (11.684) Zach Randolph (9.261) Pau Gasol (8.966) Rudy Gay (8.562) Shareef Abdur-Rahim (7.801) Mike Miller (5.982) Bryant Reeves (4.945) O.J. Mayo (4.584) Shane Battier (4.275) Tony Allen (4.128) Stromile Swift (3.829) Jason Williams (3.400) Mike Bibby (3.153) Lorenzen Wright (3.148) Hakim Warrick (3.126) Michael Dickerson (2.710) Blue Edwards (2.393) JaMychal Green (2.293) Dillon Brooks (2.293) Courtney Lee (2.293) Jaren Jackson Jr. (1.788) Darrell Arthur (1.656) Greg Anthony (1.583) Othella Harrington (1.556) James Posey (1.531) Tony Massenburg (1.513) Earl Watson (1.508) Chucky Atkins (1.479) Bonzi Wells (1.449)
Outras estatísticas (a finais da temporada )
Minutos xogados Marc Gasol (25.917) Mike Conley (25.700) Zach Randolph (17.928) Rudy Gay (17.338) Pau Gasol (16.904) Rebotes Marc Gasol (5.942) Zach Randolph (5.612) Pau Gasol (4.096) Shareef Abdur-Rahim (3.070) Rudy Gay (2.758) Asistencias Mike Conley (4.509) Marc Gasol (2.639) Jason Williams (2.069) Mike Bibby (1.675) Pau Gasol (1.473) Roubos Mike Conley (1.161) Tony Allen (796) Marc Gasol (708) Rudy Gay (640) Shane Battier (523) Tapóns Marc Gasol (1.135) Pau Gasol (877) Stromile Swift (607) Shane Battier (428) Rudy Gay (420)
Basketball Hall of Fame Membros do Basketball Hall of Fame dos Memphis GrizzliesXogadoresNºNomePosiciónPeríodoAno de ingreso 3 Allen Iverson B / E 2009 2016ContribuidoresNºNomePosiciónPeríodoAno de ingreso – Hubie Brown Adestrador 2002–2005 2005
Galardóns individuais
Rookie do Ano Pau Gasol – 2002 Ja Morant – 2020
Mellor Defensor Marc Gasol – 2013
Mellor Sexto Home Mike Miller – 2006
Xogador máis deportivo Mike Conley –2014, 2016, 2019
All-Star Pau Gasol – 2006 Zach Randolph – 2010, 2013 Marc Gasol – 2012, 2015
Primeiro equipo All-NBA Marc Gasol – 2015
Segundo equipo All-NBA Marc Gasol – 2013
Terceiro equipo All-NBA Zach Randolph – 2011
Primeiro equipo defensivo Tony Allen – 2012, 2013, 2015
Segundo Equipo defensivo Tony Allen – 2011, 2016, 2017 Marc Gasol – 2013 Mike Conley – 2013
Primeiro equipo rookie Shareef Abdur-Rahim – 1997 Mike Bibby – 1999 Pau Gasol – 2002 Shane Battier – 2002 Drew Gooden – 2003 Rudy Gay – 2007 O.J. Mayo – 2009 Jaren Jackson Jr. – 2019 Brandon Clarke – 2020 Ja Morant – 2020
Segundo equipo rookie Bryant Reeves – 1996 Gordan Giriček – 2003 Juan Carlos Navarro – 2008 Marc Gasol – 2009
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial dos Memphis Grizzlies (en inglés).
Categoría:Memphis Grizzlies