Libra ou Balanza (♎︎) é o sétimo signo astrolóxico do zodíaco, o cuarto de natureza positiva e o terceiro de calidade cardinal. Simboliza o equilibrio e a harmonía e o seu símbolo representa a balanza. Pertence xunto a Xémini e Acuario ó elemento ar. Está rexido por Venus e o seu signo oposto e complementario é Carneiro.

Considérase que alguén é do signo Libra cando nace entre o 23 de setembro e o 22 de outubro (Tropical). Tamén se estabeleceu do 24 de setembro até o 23 de outubro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Signos astrolóxicos occidentais