Francisco de Ulloa, desaparecido na costa do Pacífico de Norteamérica en 1540, foi un navegante español que explorou a costa occidental do actual México por mandato de Hernán Cortés.

Ignórase a data e o lugar do seu nacemento, aínda que é seguro que era español. Sábese que acompañou a Cortés na terceira viaxe de exploración do mar do Sur (océano Pacífico), viaxe na cal Cortés tratou de establecer unha colonia na baía de La Paz, que nomeou como baía da Santa Cruz. Ao retirarse Cortés cara á Nova España, deixouno a cargo do asentamento, cargo que ostentou até que o vicerrei Antonio de Mendoza y Pacheco ordenou que se abandonase a colonia e regresasen os colonos á Nova España.

Exploración do golfo de California miniatura|260px|right|Ruta da viaxe de Francisco de Ulloa en 1539 pola costa occidental de México, desde Acapulco. Ulloa Foi o primeiro europeo que explorou todo o golfo de California e percorreu ambos os litorais do golfo en 1539.

Hernán Cortés, que xa patrocinara tres viaxes fracasadas de exploración do mar do Sur, decidiu enviar nunha cuarta viaxe de exploración ao mando de Francisco de Ulloa en 1539. Partiu a expedición do porto de Acapulco o 8 de xullo do citado ano a bordo dos barcos Santo Tomás, Santa Águeda e Trinidad. Á altura das illas Marías víronse obrigados a abandonar o navío Santo Tomás, continuando a viaxe de exploración nos dous buques restantes.

Chegaron o golfo de California e visitaron na viaxe de ida e volta a abandonada poboación da Santa Cruz, coñecida actualmente como La Paz. Acadaron o extremo norte do golfo o 28 de setembro, ao que se coñece actualmente como desembocadura do Río Colorado e chamaron á boca do río Ancón de San Andrés, levantándose unha breve acta cuxo texto se transcribe:

O seu legado

Francisco de Ulloa foi o primeiro europeo que percorreu as costas dos hoxe estados mexicanos de Baixa California e Sonora, así como o Alto Golfo de California até chegar á desembocadura do río Colorado, á cal nomeou como Ancón de San Andrés, dobrou o cabo San Lucas e percorreu o litoral do océano Pacífico até chegar á illa de Cedros no actual estado de Baixa California, sendo o primeiro europeo en chegar alí.

Foi Ulloa quen, ao percorrer o Alto Golfo de California, estableceu correctamente que a península de California non era unha illa, como crían equivocamente desde o primeiro descubrimento desas tierras por Fortún Jiménez Juan de Fuca e o propio Hernán Cortés. Ulloa chegou á conclusión de que o golfo de California era o punto máis austral dun estreito que supostamente conectaría o Pacífico co golfo de San Lourenzo. A súa viaxe, porén, consolidou a noción da illa de California e supuxo o comezo da busxa dese suposto estreito de Anián. O estreito probabelmente tomou este nome de Ania, ou Anián, unha provincia chinesa mencionada nunha tradución de 1559 do libro de Marco Polo Le Divisament dou monde, e que aparece por primeira vez nun mapa publicado polo cartógrafo italiano Giacomo Gastaldi contra 1562. Cinco anos máis tarde, Bolognini Zaltieri publicou un mapa que mostraba un angosto e tortuoso estreito de Anián que unía Asia con América. Este estreito creceu na imaxinación europea como unha vía marítima fácil que uniría Europa coa residencia de Jaghan (o Gran Khan) en Catay (China norte). Orixinariamente foi situado aproximadamente na latitude da actual San Diego (California).

Aínda que os seus descubrimentos demostraran que Baixa California é unha península, as lendas e os mapas que representan a California como unha illa (a chamada illa de California) persistiron intermitentemente até o século XVIII.

Segundo Bernal Díaz del Castillo, Ulloa foi acoitelado a morte en 1540. Segundo outras fontes, o seu barco perdeuse sen rastro durante a viaxe de regreso desde a Baixa California. Supostamente o seu barco foi arrastrado cara ao interior por un tsunami, e máis tarde pasou a ser coñecido como «o barco perdido do deserto».

Foi Ulloa o descubridor da Alta California? Na páxina web do historiador Carlos López Urrutia hai un ensaio titulado El Real Ejército de California no que se pode ler o seguinte:

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fortún Jiménez Hernán Cortés Juan Rodríguez Cabrillo Sebastián Vizcaíno Fernando de Alarcón Río Colorado Península de California

Categoría:Exploradores Categoría:Imperio Español Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1540