María Vallet-Regí, nada nas Palmas de Gran Canaria o 19 de abril de 1946, é unha investigadora e catedrática de Química Inorgánica e directora do departamento de Química Inorgánica e Bioinorgánica da Facultade de Farmacia da Universidade Complutense de Madrid.
Traxectoria En 1974 obtivo o doutoramento en ciencias químicas na Universidade Complutense de Madrid. En 1990 foi nomeada catedrática de Química Inorgánica e directora do Departamento de Química Inorgánica e Bioinorgánica da Facultade de Farmacia de devandita universidade.
En 2004 foi nomeada académica da Real Academia de Enxeñaría e en 2011 da Real Academia Nacional de Farmacia.
Investigación Realizou unha extensa labor investigadora, marcada por un enfoque multidisciplinar, plasmada en máis de 550 publicacións científicas recollidas no ISI Web of Knowledge, a maioría nas áreas de química e ciencia de materiais. Segundo o ISI, é a española da área de Ciencia de Materiais máis citada nas dúas últimas décadas.
A súa actividade investigadora céntrase no campo dos biomateriais con aplicacións en traumatoloxía, odontoloxía, enxeñaría de tecidos ou na liberación controlada de fármacos.
Formou parte do Comité Reitor do Programa ‘Science for Peace’ da OTAN (1999-2005), o Comité Nacional da CNEAI (2004-2008), e foi vicepresidenta da Real Sociedade Española de Química (1999-2007).
Premios e recoñecementos
Premio Nacional de Investigación 2008 Leonardo Torres Quevedo en Enxeñarías"A veces es muy bueno venir de otro campo y ver que lo que traes en la maleta puede funcionar y ser útil en otras áreas" Doutora Honoris causa pola Universidade do País Vasco.La Upv Inviste "doctoras Honoris Causa" a Carmen Reinhart y María Vallet Regí Premio de Investigación 'Miguel Catalán' 2013 Doutora Honoris Causa pola Universidade Jaume I, Castelló, España, 2015. Premio á carreira distinguida en Química 2016 da Fundación Lilly, 2016. Premio Rei Jaime I de Investigación Básica, 2018. En 2018 foi incluída en La Tabla Periódica de las Científicas por ser o 2019 o Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos, con motivo do 150º aniversario da publicación de Mendeléyev. En 2019 recibiu o Premio Influentials á traxectoria profesional, outorgado por El Confidencial e Herbert Smith Freehills. En 2019 foi galardoada coa Medalla al Mérito en la Investigación y en la Educación Universitaria xunto a Emilio Lledó e Dolores Cabezudo, a entrega fíxoa o ministro Pedro Duque.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "Cápsulas de SON", conto radiofónico sobre mulleres científicas con achegas na historia da biomedicina . ¿Por qué tan pocas?. María Vallet Regí
Categoría:Catedráticos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados en 1946 Categoría:Químicos de España Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Académicos da Real Academia Nacional de Farmacia