Gonzalo Vázquez Pozo, nado en Viveiro o 29 de novembro de 1945, é un profesor, político e editor galego.
Traxectoria miniatura|Documento no que Esquerda Galega pide a devolución do Pazo de Meirás, asinado en 1982 por Pura Barrio e Gonzalo Vázquez Pozo. Fillo primoxénito de Luz Pozo Garza e Francisco Vázquez Ramudo, fixo o bacharelato como interno no Colexio Apóstolo Santiago dos Xesuítas en Teis, Vigo. É licenciado en Filosofía e Letras e MBA pola Escola de Negocios de Caixanova. Formando parte da primeira corporación democrática, foi concelleiro e tenente de alcalde do Concello da Coruña de 1975 a 1983. Membro, primeiro do Partido Obreiro Galego e despois da Esquerda Galega de Camilo Nogueira Román, en setembro de 1981 organizou e participou, embarcado no Xurelo, nunha protesta contra un vertedoiro de residuos radioactivos nas costas de Galicia."Cúmprense 25 anos da histórica travesía do palangreiro Xurelo contra os vertidos radioactivos da Foxa Atlántica", CCG, 4/10/2006. Xa a comezos dos anos oitenta, co tamén concelleiro Manuel Monge, empezou a traballar a prol da devolución do Pazo de Meirás."Chegou o momento de recuperar Meirás" Adiante. Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 1987, como integrante do Partido Socialista Galego-Esquerda Galega, foi número dous (tras Mario Onaindia) na lista de Izquierda de los Pueblos. A formación non obtivo ningún escano de eurodeputado.
En 1996, con outros catro tripulantes, fixo unha travesía oceánica nun veleiro, de Boca Chica (República Dominicana) a Ribadeo.
É presidente do consello editorial de Eco, Revista do Eixo AtlánticoEco, Revista do Eixo Atlántico (anteriormente Eco, Revista do Arco Atlántico), publicación en lingua galega que botou a andar en 1991. Foi membro da directiva da Asociación Internacional de Estudos Galegos.
En 2014 recibiu, en nome da súa nai, o Premio Laxeiro da Fundación Laxeiro, de mans do alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Vida persoal Casou coa profesora Olivia Rodríguez González que lle dedicou o seu libro Estética e teoría da cultura en Vicente Risco (2001, Galaxia).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Xurelo (barco) Ligazóns externas
Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1945 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes