Tensi Gesteira Estévez, máis coñecida como Tensi Gesteira, nada en Valeixe (A Caniza) o 18 de xuño de 1992, é unha xornalista galega.
Traxectoria Orixinaria da Caniza pasou a residir en Bueu. Estudou secundaria no IES da Caniza e graduouse en xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela.
En 2016 comezou a exercer de xefa de prensa no concello de Bueu.
Colaborou en diferentes xornais galegosː El Correo Gallego, Galicia Confidencial (sección A arte é azul) Amovida Vigo e Nós Diario.
Desde 2012 é creadora e administradora do blog Lecturafilia “Leer es vivir dos veces”ːFoi xurado no Premio Jules Verne da editorial Xerais (2019), Blanco Amor de Novela (2021 e 2022), Premio de poesía Afundación (2023), Premios Follas Novas (2023), Certame de Relatos Manuel Murguía do Concello de Arteixo (2024), Premio de Novela 75 anos da Editorial Galaxia (2025). Tamén formou parte da Comisión lectora Premio Torrente Ballester en galego e castelán.
Premios
2018: Foi galardoada na segunda edición dos Premios Provinciais á Xuventude, que concede a Deputación de Pontevedra co segundo premio na categoría de blogs por Lecturafilia. 2019: 3º mellor espazo literario na rede por Fervenzas Literarias a Lecturafilia. miniatura|Nunha presentación da Libraría Miranda de Bueu con María Oruña en 20212020: Finalista en Proxecto literario na rede na Gala do Libro Galego por Lecturafilia. 2025: Terceiro premio en narrativa nos IX Premios Provinciais da Xuventude por por "Vou cociñar vieiras para min".
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Blog Lecturafilia
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados na Caniza Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela