Carandiru é un filme brasileiro-arxentino de 2003 dirixido por Héctor Babenco. Baséase no libro Estação Carandiru por Drauzio Varella, un médico especialista na SIDA, quen é interpretado no filme por Luiz Carlos Vasconcelos. Carandiru conta algunhas das historias que ocorreron no cárcere de Carandiru, que foi a meirande prisión de América Latina. A historia co masacre de 1992 no que 111 prisioneiros foron asasinados, 102 deles pola policía. O filme foi o derradeiro uso que tivo a prisión antes de ser demolida no ano 2002, un ano antes da estrea do filme.

Foi escollido como candidato do Brasil para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 77ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes

Luiz Carlos Vasconcelos como Dr. Drauzio Varella Rodrigo Santoro como Lady Di Milton Gonçalves como Chico Lázaro Ramos como Ezequiel Caio Blat como Deusdete Milhem Cortaz como Peixeira Wagner Moura como Zico Floriano Peixoto como Antônio Carlos Rita Cadillac como ela mesma Gero Camilo como No Way Ivan de Almeida como Ebony Ailton Graça como Majestade Maria Luisa Mendonça como Dalva Aida Leiner como Rosirene Júlia Ianina como Francineide Sabrina Greve como Catarina Nelson Machado como Carioca

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Brasil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 76ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes dirixidos por Héctor Babenco Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes rodados en São Paulo Categoría:Filmes ambientados en 1992 Categoría:Filmes sobre temática LGBT do Brasil Categoría:Filmes sobre temática LGBT da Arxentina