Antoine Laurent de Jussieu, nado en Lión o 12 de abril de 1748, e finado en París o 17 de setembro de 1836, foi un médico e botánico francés.
Traxectoria Sobriño dos tamén botánicos Antoine, Bernard e Joseph de Jussieu, fixo os seus primeiros estudos en Lión, trasladándose a París para estudar medicina, graduándose en 1770.
Foi profesor de botánica no Jardín des Plantes de Paris desde 1770 a 1826.
A súa revisión da clasificación das plantas da familia das ranunculáceas, en 1773, permitiulle ser postulado e elixido como membro da Academia de Ciencias. Seguía as ideas do seu tío Bernard acerca do Sistema Natural, ao que lle deu unha base teórica e aplicouno na práctica a análise taxonómica de diferentes familias de plantas.
O seu traballo principal foi Genera plantarum secundum ordines naturales disposita, juxta methodum in horto Regio Parisiensi exaratum anno 1774 (París, 1789). Este traballo permaneceu como a base para futuras ampliacións do Sistema Natural de clasificación de plantas, que influíu en varios investigadores franceses tales como Cuvier e de Candolle, e incluso en investigadores alemáns e ingleses que, nun principio, recelaban del, como froito da Revolución Francesa e que estaban traballando con sistema linneano.
En 1784 tras a resolución contra o magnetismo animal promovida polos comisarios designados polo rei, Antoine Laurent de Jussieu defendeu a teoría de Mesmer no seu Relatorio dun dos comisarios co rei do exame do magnetismo animal.Antoine-Laurent de Jussieu
En 1804 ocupou a cátedra de botánica da Facultade de Medicina de París, posto que ocupou até 1826.
En 1829 foi elixido membro estranxeiro da Royal Society.
Volvéndos case cego, dimitiu do seu cargo de director do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, sucendéndoo neste posto seu fillo Adrien-Henri de Jussieu, tamén botánico.
Morreu en París o 17 de setembro de 1836, e está soterrado no cemiterio de Montparnasse desta cidade.
Algunhas publicacións Genera Plantarum, secundum ordines naturales disposita juxta methodum in Horto Regio Parisiensi exaratam, anno 1774. MS. notes. París, 1789. Principes de la methode naturelle des végétaux. París, 1824.
Epónimos Astronomía O asteroide 9470 Jussieu leva este nome en honor da familia Jussieu.
Taxons botánicos dedicados Xéneros (Euphorbiaceae) Jussieuia Houst.Reliq. 6. t. 15 1781 (IK) (Onagraceae) Jussieuia Thunb.Fl. Jap. (Thunberg) 180. 1784 (IK)
Especies
Abreviatura A abreviatutura Juss. emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Edmond Bonnet. La famille médicale des de Jussieu et les thèses d’Antoine Laurent. Champion, París 1910 Adolphe Brongniart. Notice historique sur Antoine-Laurent de Jussieu. In Annales des sciences naturelles. Botanique. 2º episodio, vol. 7, 1837, pp. 5–24 (online) Marie-Jean-Pierre Flourens. Éloge historique d’Antoine-Laurent de Jussieu. In: Mémoires de l’Académie des sciences. Vol. 17, 1840, pp. I–LX (online) Françoise Huguet. Les professeurs de la Faculté de médecine de Paris. Dictionnaire biographique 1794–1939. INRP/CNRS, París 1991, ISBN 2-222-04527-4 Georg August Pritzel. Thesaurus literaturae botanicae. F. A. Brockhaus, Leipzig 1872– pp. 160 (online) Frans Antonie Stafleu. Jussieu, Antoine-Laurent De. In: Complete Dictionary of Scientific Biography. Vol. 7, Charles Scribner's Sons, Detroit 2008, pp. 198 f. (online) Frans Antonie Stafleu, Richard Sumner Cowan. Taxonomic literature. A selective guide to botanical publications and collections with dates, commentaries and types. Vol. 2: H–Le, 2.ª ed. Utrecht 1979, ISBN 90-313-0343-7, pp. 477–479 (online) Peter Francis Stevens. The Development of Biological Systematics. Antoine-Laurent de Jussieu, Nature, and the Natural System. Columbia University Press, Nova York 1994, ISBN 0-231-06440-3
Categoría:Científicos de Francia Categoría:Botánicos de Francia Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Nados en 1748 Categoría:Nados en Lión Categoría:Finados en 1836