O Premio Ada Byron á Muller Tecnóloga concédese anualmente na Universidade de Deusto a mulleres tecnólogas para visibilizar a súa traxectoria excelente. Búscanse aquelas mulleres que teñen a súa referencia nas científicas e tecnólogas que levan séculos facendo achegas importantes en distintas disciplinas científicas, como a que dá nome a este premio, Ada Byron.
Obxectivos O premio ten como obxectivos:
Dar visibilidade ás mulleres dentro do mundo da tecnoloxía recoñecendo o seu importante labor, insuficientemente coñecida no conxunto da sociedade. Enriquecer a sociedade con eventos de difusión tecnolóxica, achegando modelos de mulleres para as novas xeracións. Fomentar vocacións tecnolóxicas achegando o traballo tecnolóxico ás e os adolescentes, resaltando os aspectos positivos, especialmente nas vocacións femininas. Visibilizar socialmente a importancia da tecnoloxía para o crecemento económico e como valor de futuro para a sociedade.
Historia O Premio Ada Byron á Muller Tecnóloga creouse o 13 de outubro de 2015 na Universidade de Deusto. O 10 de xaneiro presentouse o premio Ada Byron 2017. O 16 de maio entrégase o premio Ada Byron 2019.
Galardoadas EdiciónAnoPremio Ada Byron Premio Ada Byron (mocidade)AccésitI2014Montserrat Meya Llopart -Andrea BlancoII2015Asunción Gómez Pérez -Begoña García-ZapirainIII2016100px Nuria Oliver - -IV2017Regina Llopis Rivas - -V2018María Ángeles Martín Prats - -VI2019Concepción Alicia Monje MicharetAna Freire -VII2020Laura LechugaSusana Ladra
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Premio Ada Byron do CPEIG
Ligazóns externas Páxina web do Premio Ada Byron
Ada Byron Ada Byron Ada Byron Categoría:Universidade de Deusto