miniatura|Edificio no Distrito Histórico de Andes Andes é unha corporación municipal (townSegundo a lexislación do Estado de Nova York town é unha corporación municipal. "New York Consolidated Laws, Town Law - TWN") do condado de Delaware do Estado de Nova York de 1234 habitantes. A principal entidade de poboación é a localidade homónima de Andes que ata 2003 contou, dentro da town de Andes, coa súa propia municipalidade, constituíndo xa que logo unha villageNo Estado de Nova York village fai referencia a unha corporación municipal integrada nunha town Local Government Handbook, p. 81 , e que dende entón constitúe un hamlet En Nova York, hamlet é unha entidade de poboación sen autonomía local.

Historia miniatura|Granxa Jackson-Aitken (ca. 1850) A rexión formaba parte do territorio dos lenape e tras da Guerra de independencia comezaron a se instalar na zona familias de orixe neerlandesa, alemá e escocesaW.W. Munsell The History of Delaware County. The Town of Andes. En 1819 estableceuse como unha entidade propia co rango de town ao se separar de Middletown, e como boa parte do condado de Delaware formaba parte da casa señorial Hardenbergh Patent, propiedade de membros da familia Livingston. O 7 de agosto de 1845"Undersheriff Osman N. Steele" Officer Down Memorial Page, xa ao final da revolta coñecida como Anti-Rent War, cando as autoridades intentaban vender unha propiedade confiscada e ao negar o acceso o anterior propietario, numerosos veciños da zona vestidos coma indios dispararon, matando ao subshériff Osman N. Steele. Detivéronse a varios veciños e houbo tres sentenzas a cadea perpetua e dúas penas de morte, aínda que logo lles conmutaron a pena.

O 3 de xuño de 2002, os residentes da principal localidade, Andes, decidiron disolver a súa autonomía municipal (village) nunha elección por 81 a 63 votosBreakey, Patricia. "Andes residents begin life after end of village" . The Daily Star (Oneaonta). 9 de xaneiro de 2004., decisión que entrou en vigor o 31 de decembro de 2003.

Un total de 129 edificios da zona vella de Andes incluíronse en 1984 nun Distrito Histórico NRHP e a granxa Jackson-Aitken está tamén dende 2003 no Rexistro Nacional de Lugares Históricos.NRHP

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de Andes

Notas

Categoría:Xeografía do estado de Nova York