A Sociedade de Historia Monetaria Internacional (en alemán: Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte -GIG-) é unha entidade asociativa numismática sen ánimo de lucro con sede en Frankfurt, Alemaña, dedicada á investigación científica acerca da historia do diñeiro, desde a perspectiva numismática, e da medallística."Geschichtliches ". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte (GIG).

Historia A Sociedade foi instituída en 1965 polos seus 19 membros fundadores, inicialmente baixo a denominación de Museum für Internationale Geldgeschichte gemeinnützige Forschungsgesellschaft e.V. ("Sociedade de Investigación sen Fins de Lucro do Museo de Historia Monetaria Internacional"). O seu primeiro presidente foi Willy Fuchs (1965-1971 e 1971-1992) e baixo o seu mandato, en 1967, a institución tomou o nome que conserva na actualidade.

Desde a súa fundación, a Sociedade tivo como órgano de expresión institucional a publicación periódica Geldgeschichtliche Nachrichten (GN; "Noticias de Historia Monetaria"), e nela publícanse os resultados das súas investigacións científicas arredor de todas as áreas da historia monetaria, así como da medalla.

A GIG organiza anualmente viaxes educativas a diferentes destinos do mundo cun interese numismático. A primeira destas viaxes foi a San Petersburgo e a Moscova en 1977 e, a partir de aí, outras 45 viaxes levaron os seus membros a lugares como Berlín, Dresden e moi diversos países dos cinco continentes.

A afiliación á Sciedade supera os 800 membros pertencentes a máis dunha trintena de países.

Recoñecementos

Insignia de Honra de Ouro Instituíuse en 1970, para honrar os membros cunha contribución salientable á GIG.

Premio de Honra da GIG Outórgase anualmente, desde 1974, a personalidades destacadas de calquera país no campo da numismática, sinaladamente no coleccionismo de moedas. O primeiro en recibilo foi o profesor Peter Berghaus e, entre os persoairos galardoados, figuran numismáticas insignes como Ursula Kampmann, Elvira Clain-Stefanelli ou Maria Radnoti Alföldi."GIG-Ehrenpreisträger ". No sitio web da SHMI.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Geldgeschichtliche Nachrichten Lista de asociacións numismáticas Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña

Ligazóns externas Sitio web da Sociedade de Historia Monetaria Internacional

Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Sociedades científicas Categoría:Cultura de Alemaña Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro