Xoán I de Alençon, finado o 24 de febreiro de 1191, da casa de Montgommery - Bellême, foi conde de Alençon de 1171 a 1191. Traxectoria Era fillo de Guillerme III Talvas, señor de Alençon e conde de Ponthieu, e de Helena de Borgoña.

Sucedeu a seu pai en 1171 e morreu o 24 de febreiro de 1191.

Matrimonio e fillos Casou con Beatriz do Maine, filla de Elías II do Maine, conde do Maine, e de Filipa de Perche. Deste matrimonio tivo a:

Xoán II (m. 1191), conde de Alençon. Roberto III (m. 1217), conde de Alençon. Guillerme IV de Alençon (m. 1203). Alix, casada con Hugo II, vizconde de Châtellerault, e despois con Roberto Malet, señor de Graville. Elia, casada con Roberto FitzErneis. FilipaPhilippe era na Idade Media un nome tanto masculino como feminino., casada con Guillerme III de Roumare (m. 1198), conde de Lincoln; logo con Guillerme Malet, señor de Graville; e logo con Guillerme de Préaux (m. 1223).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Xoán de Alençon na Fundación para a Xenealoxía Medieval.

Categoría:Condes de Alençon Categoría:Finados en 1191 Categoría:Nados no século XII