O Rally da Coruña de 2020 foi a 24ª edición de dito rally e a primeira proba da tempada 2020 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 28 e o 29 de febreiro e o vencedor foi Víctor Senra.
Inscritos Inscribíronse 113 pilotos, coa ausencia máis destacada do vencedor do ano anterior, Iván Ares, que non recibiu a tempo o seu novo Hyundai i20 R5. Con todo, si estiveron presentes os primeiros clasificados da tempada anterior do Campionato de Galicia de Rally: Víctor Senra, estreando un Škoda Fabia R5, Alberto Meira co seu Citroën DS3 R5 e Iago Caamaño, estreando tamén coche no campionato, un Ford Fiesta R5 MKII. Ademais destacaban as presenzas do campión galego Luis Vilariño, do tricampión de Asturias Óscar Palacio, de Manuel Fernández ou de Tino Iglesias.
Itinerario O parque pechado situouse o venres 28 na praza de María Pita, na Coruña, mentres que os treitos cronometrados foron tres, con tres pasadas a cada un deles, e disputados nos concellos de Aranga, Cerceda, Culleredo e Arteixo, sumando un total de 89,28 km cronometrados.
O primeiro deles, o de Aranga, foi un treito de 11,26 km, con saída no lugar de Vilourís e chegada en Maques, pasando por Ponte Aranga, sobre o río Mandeo, o punto máis recoñecible e icónico do rally. O segundo, Cerceda, discorreu entre Morzós e Esperón, bordeando parcialmente o lago das Encrobas, e sumando 10,4 km. Por último, o derradeiro treito partiu de Cabana, no concello de Culleredo e percorreu 8,1 km até o lugar de Freán, no concello de Arteixo. TCNomeDistanciaHoraGañadorTempoLíderTC1Aranga11,26 km8:28 Víctor Senra7:37.208 Víctor SenraTC2Cerceda10,40 km10:02 Víctor Senra6:40.719TC3Culleredo-Arteixo8,10 km10:55 Víctor Senra4:44.154TC4Aranga11,26 km13:08 Iago Caamaño7:43.996TC5Cerceda10,40 km15:12 Iago Caamaño6:44.302TC6Culleredo-Arteixo8,10 km16:02 Óscar Palacio4:51.328 Iago CaamañoTC7Aranga11,26 km18:12 Víctor Senra7:49.825TC8Cerceda10,40 km19:34 Víctor Senra7:05.251TC9Culleredo-Arteixo8,10 km20:20 Víctor Senra4:55.129 Víctor Senra
Resumo O rally caracterizouse por unha intermitente choiva, coa que cobrou grande importancia a elección de pneumáticos dos equipos. Víctor Senra comezou liderando con claridade na sesión matinal ao marcar o mellor tempo na primeira pasada aos tres treitos, con 13 segundos de vantaxe sobre Iago Caamaño e 30 sobre Alberto Otero. Con todo, Iago Caamaño comezou a remontar nos seguintes dous treitos, nos que marcou o mellor tempo e colocouse a catro segundos de Senra. A remontada culminouse no sexto treito, no que o máis rápido foi o asturiano Óscar Palacio e no que os problemas coa panca de cambios de Senra lle fixeron perder máis de 23 segundos con Caamaño, que se colocou líder destacado, con máis de 19 segundos de vantaxe sobre o de Dumbría. Cando todo parecía sentenciado Senra solucionou os seus problemas mecánicos e volveu facer os mellores tempos, recortándolle tres segundos a Caamaño no sétimo treito e catro no oitavo, colocándose a 12 segundos a falta do último tramo. Finalmente conseguiu recortar a diferenza e nun final moi axustado gañar o rally por 159 milésimas sobre Iago Caamaño.
Detrás deles quedou Alberto Meira, que mantivo unha loita pola terceira praza durante todo o rally con Alberto Otero (4º) e Óscar Palacio (5º). Houbo algunhas saídas de pista como as de Jacobo Segade e o seu copiloto Adrián Muñiz, que bateron contra un poste eléctrico na primeira pasada por Aranga, ou a de Ricardo Costa e Rui Vilaça, tamén en Aranga, durante a segunda pasada, que obrigou á organización a neutralizar o treito, mentres que ambos os pilotos foron conducidos ao hospital para ser examinados.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Víctor Senra David VázquezŠkoda Fabia R5Yacar Racing58:45.3272 Iago Caamaño Alberto RodríguezFord Fiesta MKIILalín Deza58:45.4863 Alberto Meira José MuradoCitroën DS3 R5Recalvi Team59:16.9204 Alberto Otero Jordan VázquezHyundai i20 R5Lalín Deza59:23.3855 Óscar Palacio Mario González Ford Fiesta R5Recalvi Team59:46.8876 Luis Vilariño Néstor CasalCitroën DS3 R5UCAV Universidad de Ávila1h01:22.4287 Manuel Fernández Alejandro CidFord Fiesta R5T. Martínez Racing1h02:00.5508 José Manuel Lista Iván CarmonaMitsubishi Lancer Evo IXJosé Manuel Lista Mañana1h02:33.1549 Jorge Pérez Oliveira Avelino MartínezRenault Clio N5Galicia Motorsport1h02:47.60910 David Rivas José Antonio PintorCitroën C2 R2 MaxRVS Motorsport1h03:10.62811 Tino Iglesias Jorge IglesiasFord Fiesta N5Desguaces Tino Racing1h03:32.43912 Domingo Molinos Alejo SoutoŠkoda Fabia R5Berberecho1h03:32.73013 Diego Vila Álex AlonsoRenault Clio N5Recalvi Team1h03:36.11914 Daniel Álvarez Adrián VázquezPeugeot 205 RallyeGalicia Motorsport1h03:48.00715 José Manuel Pazos David CalvoFord Fiesta R200Cuntis V.T.1h03:53.27616 Álvaro Pérez Brais MirónPeugeot 208 VTI R2Pérez Mirón Rally Team1h03:59.53817 Santiago García Luis Miguel PregoPeugeot 208 R2Senra Sport1h04:34.23418 Daniel Berdomás Iván BoqueteCitroën Saxo VTSOne Seven1h06:32.96219 Marcos Rodríguez Daniel RodríguezCitroën C2 Surco1h06:45.14720 Jorge Bergondo Rubén RoelPeugeot 208 R2Yacar Racing1h07:00.50521 Luis Penido Sergio CancelaMini JCW N2 RallySantiago1h07:29.98422 Iván Lozano Diego RodríguezPeugeot 106 Kit CarYacar Racing1h06:20.14023 David Varela Estefano DomínguezCitroën SaxoArteixo Motorsport1h07:32.86724 Sergio Otero José Antonio GonzálezPeugeot 206 RCBuxa Motor Poio1h08:16.32825 Pablo Gómez Manuel BarreiroBMW 318 E30Berberecho1h08:23.01426 Diego González Diego GarcíaCitroën SaxoMoeche1h08:23.81727 Aitor Pico Marcos CastroPeugeot 106 GTIScratch Fene1h09:13.84728 Juan Manuel Cagiao Iván BergondoCitroën SaxoAres Racing1h09:34.37529 Alejandro Castro Adrián LópezPeugeot 206 XSRVS Motorsport1h09:51.99530 Isaac Calvo Daniel FernándezPeugeot 106PTC Escuela1h10:06.37231 Daniel Lamas Agustín VarelaCitroën Saxo VTSScratch Fene1h10:08.69732 Rubén Santas Óscar LópezBMW M3Sarria Motor1h10:38.76033 Pablo Blanco Ian QuintanaPeugeot 106 GTIOurense1h10:54.69934 Sergio Suárez Martín FariñaCitroën SaxoArteixo Motorsport1h10:55.37935 Javier Eiras Álvaro GarcíaCitroën SaxoBerberecho1h11:05.01436 Omar López Lucas LópezSuzuki Swift Sport N3RVS Motorsport1h11:25.74537 Diego Coto Alejandro VaqueiroCitroën SaxoMRT1h11:49.91138 Xacobe Macía Felipe AlvaradoCitroën SaxoAutoclásico Ribeira Sacra1h12:24.81339 Mario Ríos Sánchez María Ríos ViñaSeat IbizaGalicia Motorsport1h12:44.70840 Kevin Cortegoso Jacobo DomínguezCitroën SaxoGalicia Motorsport1h12:54.38141 Darío Calviño Eduardo MosqueraPeugeot 205 SCCYacar Racing1h13:00.54742 David Santos Tamara PereiraCitroën SaxoArteixo Motorsport1h13:15.90543 Óscar Martínez Óscar Pena ExpósitoPeugeot 206Arteixo Motorsport1h13:31.49844 Alejandro Martínez Nicolás MeizosoRenault Clio SportA. Ferrol1h13:45.74145 Álvaro Castro Isidro ReyCitroën Saxo VTS 16VPérez Mirón Rally Team1h13:55.00746 Bruno Lago Francisco AcciónPeugeot 206 1.6 16VRVS Motorsport1h13:55.82447 Francisco García Óscar Javier SoutoBMW 325IYacar Racing1h14:17.74048 Javier Ramilo Iván FerreiroPeugeot 206 XSYacar Racing1h14:28.44949 José Ramón Furelos Agustín FurelosCitroën SaxoGalicia Motorsport1h14:44.05650 Francisco Dorado Roi TorrentePeugeot 208 T16 R5Miño1h15:00.519
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Regulamento particular do Rally da Coruña Clasificación final do rally Rally da Coruña 2020 en ewrc.com .
Categoría:Rally da Coruña Categoría:Tempada 2020 do Campionato de Galicia de Rally