miniatura|Gérard Corbiau dirixiu dous filmes belgas nomeados ó premio, Le Maître de musique e Farinelli. Bélxica presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1967. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2024, oito filmes belgas foron nomeados para o Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles conseguiu o galardón. Destes filmes, dous foron dirixidos por Gérard Corbiau: Le Maître de musique e Farinelli. Os outros cinco filmes belgas nomeados foron dirixidos por Jacques Boigelot, Stijn Coninx, Dominique Deruddere, Michaël R. Roskam e Felix Van Groeningen.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Bélxica para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 1967(40ª) Le Départ Francés 1969(42ª) Palaver Neerlandés 1970(43ª) Paix sur les champs Francés 1972(45ª) Les Tueurs fous Francés 1974(47ª) De loteling Neerlandés 1976(49ª) Rue Haute Francés 1977(50ª) Rubens, schilder en diplomaat Neerlandés 1979(52ª) Een vrouw tussen hond en wolf Neerlandés 1981(54ª) Le Grand Paysage d'Alexis Droeven Francés 1982(55ª) Menuet Neerlandés 1985(58ª) Dust Inglés 1986(59ª) Springen Neerlandés 1987(60ª) Les noces barbares Francés 1988(61ª) Le Maître de musique Francés 1989(62ª) Het sacrament Neerlandés 1991(64ª) Toto le héros Francés 1992(65ª) Daens Neerlandés e francés 1993(66ª) Just Friends Neerlandés e francés 1994(67ª) Farinelli Francés e italiano 1995(68ª) Manneken Pis Neerlandés 1996(69ª) Le huitième jour Francés 1997(70ª) Ma vie en rose Francés 1998(71ª) Rosie Neerlandés 1999(72ª) Rosetta Francés , Luc Dardenne 2000(73ª) Iedereen beroemd! Neerlandés e inglés 2001(74ª) Pauline & Paulette Neerlandés 2002(75ª) Le fils Francés , Luc Dardenne 2003(76ª) Verder dan de maan Neerlandés 2004(77ª) De zaak alzheimer Neerlandés 2005(78ª) L'Enfant Francés , Luc Dardenne 2006(79ª) Een ander zijn geluk Neerlandés 2007(80ª) Ben X Neerlandés 2008(81ª) Eldorado Francés 2009(82ª) De Helaasheid der Dingen Neerlandés 2010(83ª) Illégal Francés 2011(84ª) Rundskop Neerlandés 2012(85ª) À perdre la raison Francés 2013(86ª) The Broken Circle Breakdown Neerlandés Felix Van Groeningen 2014(87ª) Dous días, unha noite Francés , Luc Dardenne 2015(88ª) Le Tout Nouveau Testament Francés 2016(89ª) D'Ardennen Neerlandés 2017(90ª) Le Fidèle Francés 2018(91ª) Girl Neerlandés e francés 2019(92ª) Nuestras madres Castelán César Díaz 2020(93ª) Filles de joie Francés Frédéric Fonteyne e Anne Paulicevich 2021(94ª) Un monde Francés Laura Wandel 2022(95ª) Close Francés e neerlandés 2023(96ª) Augure Francés, suahili e lingala Baloji 2024(97ª) Julie zwijgt Neerlandés e francés Leonardo Van Dijl 2025(98ª) Jeunes Mères Francés Jean-Pierre e Luc Dardenne

Notas

Categoría:Cinema de Bélxica Bélxica