miniatura|dereita|Volker Schlöndorff, director de O tambor de folla de lata (1979), o primeiro filme alemán en recibir o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Alemaña presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende a creación do premio en 1956. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Cada ano, a Academia convida a países a presentar os seus mellores filmes para competir de acordo cunhas estritas regras, sendo aceptado soamente un filme por cada país. Porén, debido a que o status de Alemaña dividiu o país ó longo da segunda metade do século XX, a República Federal Alemá (Occidental) e a República Democrática Alemá (Oriental) competiron de xeito separado na categoría de mellor filme en lingua non inglesa até o ano 1990. Con oito nomeamentos e unha vitoria, a Alemaña Occidental tivo moito máis éxito cá Oriental, que só conseguiu un nomeamento en 1976 por Jakob der Lügner, un filme que o Festival Internacional de Cinema de Moscova rexeitou proxectar. Alemaña Occidental recibiu catro nomeamentos consecutivos durante os primeiros anos de existencia do premio. Tivo peor acollida na década de 1960, xa que ningunha das súas propostas saíu nomeada. A chegada do novo cinema alemán conduciu a unha mellora da reputación do cinema alemán no estranxeiro. Como resultado disto, a Alemaña Occidental recibiu varios nomeamentos durante a década de 1970, conseguindo a vitoria no filme de 1979 O tambor de folla de lata.
A Alemaña Occidental e a Oriental foron formalmente reunificadas o 3 de outubro de 1990. A 63ª edición dos Óscar, celebrada o 25 de marzo de 1991, foi a primeira vez que Alemaña puido participar como un único país. A Alemaña reunificada tivo éxito na categoría do Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, conseguindo dous galardóns e oito nomeamentos en menos de dúas décadas. Os tres filmes alemáns que recibiron o premio dende a reunificación foron Sen novidade na fronte (2022) de Edward Berger, A vida dos outros (2006) de Florian Henckel von Donnersmarck e Nirgendwo in Afrika (2001) de Caroline Link. Ámbolos dous son os únicos directores alemáns que tiveron máis dun filme nomeado nesta categoría. Varios outros filmes alemáns recibiron premios da Academia noutras categorías diferentes á do mellor filme internacional.
Propostas De acordo coas regras da Academia, a selección das propostas oficiais de cada país debe ser realizada por "unha organización, xurado ou comité que debe incluír artistas e/ou creadores no eido do cinema". No caso alemán, o comité de selección e procedemento están xestionados por German Films Service + Marketing GmbH, con sede en Múnic, coñecido como Export-Union of German Cinema até o ano 2004. Os produtores e distribuidores de filmes poden enviar a German Films un filme para a súa consideración, que verifica a integridade da solicitude e o cumprimento das normas da Academia. German Films non está representado no comité e céntrase soamente nos aspectos organizacionais. Malia que a Alemaña Oriental adoitaba enviar propostas con moderación, Alemaña Occidental e a Alemaña reunificada participan regularmente, enviando propostas á Academia cada ano agás dende 1962 a 1964 e en 1991. A negativa do comité de selección a presentar un filme en 1991 foi moi controvertida. A escolla de Das weiße Band – Eine deutsche Kindergeschichte en 2009 tamén causou certa controversia.
Alemaña Occidental Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1956(29ª) Der Hauptmann von Köpenick 1957(30ª) Nachts, wenn der Teufel kam 1958(31ª) Helden 1959(32ª) Die Brücke 1960(33ª) Faust 1966(39ª) Der junge Törless 1967(40ª) Tätowierung 1968(41ª) Die Artisten in der Zirkuskuppel: ratlos 1969(42ª) Jagdszenen aus Niederbayern 1970(43ª) o.k. 1971(44ª) Das Schloß 1972(45ª) Trotta 1973(46ª) Der Fußgänger 1974(47ª) Einer von uns beiden 1975(48ª) Jeder für sich und Gott gegen alle 1976(49ª) Ansichten eines Clowns 1977(50ª) Der amerikanische Freund 1978(51ª) Die gläserne Zelle 1979(52ª) O tambor de folla de lata 1980(53ª) Fabian 1981(54ª) Lili Marleen 1982(55ª) Fitzcarraldo 1983(56ª) Die flambierte Frau 1984(57ª) Morgen in Alabama 1985(58ª) Bittere Ernte 1986(59ª) Männer… 1987(60ª) Der Himmel über Berlin 1988(61ª) Yasemin 1989(62ª) Das Spinnennetz
Alemaña Oriental Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1973(46ª) Der Dritte 1976(49ª) Jakob der Lügner 1977(50ª) Mama, ich lebe 1980(53ª) Die Verlobte e 1983(56ª) Der Aufenthalt
Alemaña Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1990(63ª) Das schreckliche Mädchen 1992(65ª) Schtonk! 1993(66ª) Justiz 1994(67ª) Das Versprechen 1995(68ª) Schlafes Bruder 1996(69ª) Der Totmacher 1997(70ª) Jenseits der Stille 1998(71ª) Lola rennt 1999(72ª) Aimée & Jaguar 2000(73ª) Die Unberührbare 2001(74ª) Das Experiment 2002(75ª) Nirgendwo in Afrika 2003(76ª) Good Bye, Lenin! 2004(77ª) Der Untergang 2005(78ª) Sophie Scholl – Die letzten Tage 2006(79ª) A vida dos outros 2007(80ª) Auf der anderen Seite 2008(81ª) Der Baader Meinhof Komplex 2009(82ª) Das weiße Band 2010(83ª) Die Fremde 2011(84ª) Pina 2012(85ª) Barbara Christian Petzold 2013(86ª) Zwei Leben Georg Maas 2014(87ª) Die geliebten Schwestern Dominik Graf 2015(88ª) Im Labyrinth des Schweigens Giulio Ricciarelli 2016(89ª) Toni Erdmann Maren Ade 2017(90ª) Aus dem Nichts Fatih Akin 2018(91ª) Werk ohne Autor Florian Henckel von Donnersmarck 2019(92ª) Systemsprenger Nora Fingscheidt 2020(93ª) Und morgen die ganze Welt Julia von Heinz 2021(94ª) O home perfecto Maria Schrader 2022(95ª) Sen novidade na fronte Edward Berger 2023(96ª) Das Lehrerzimmer İlker Çatak 2024(97ª)Dāne-ye anjīr-e ma'ābedMohammad Rasoulof 2025(98ª)In die Sonne schauen Mascha Schilinski
Notas
a: Varios filmes alemáns foron nomeadas ou gañaron premios da Academia en categorías distintas á de mellor filme internacional. Aínda que nunca foi presentada por Alemaña Occidental para competir na categoría de mellor filme internacional, o filme Das Boot de Wolfgang Petersen foi nomeado a outros seis premios, xa que foi estreado comercialmente no condado dos Ánxeles. Nove filmes alemáns foron nomeadas nas categorías de documental, mais só Serengeti darf nicht sterben (1959) de Bernhard Grzimek conseguiu gañar o Óscar ó mellor documental. Os outros oito documentais nomeados foron: Kahl (1961) de Haro Senft, Chariots of the Gods (1970) de Harald Reinl, The Silent Revolution (1972) de Edouard de Laurot, Battle of Berlin (1973) de Franz Baake, The Yellow Star – The Persecution of the Jews in Europe 1933–45 (1980) de Dieter Hildebrandt, Marlene (1984) de Maximilian Schell, Buena Vista Social Club (1999) de Wim Wenders e The Story of the Weeping Camel (2004) de Byambasuren Davaa e Luigi Falorni. Cinco curtametraxes alemás non documentais tamén gañaron premios da Academia. O Óscar á mellor curtametraxe animada foi gañado por Christoph Lauenstein e Wolfgang Lauenstein por Balance en 1989, e por Tyron Montgomery e Thomas Stellmach por Quest en 1996. Outros dous filmes alemáns foron nomeados pero non gañaron o Premio da Academia á curtametraxe de animación: The Periwig-Maker (2000) por Steffen Schäffler e Das Rad (2002) por Chris Stenner, Arvid Uibel e Heidi Wittlinger. O Óscar á mellor curtametraxe de acción en vivo foi gañado por Pepe Danquart con Schwarzfahrer en 1993, por Florian Gallenberger con Quiero ser (I want to be...) en 2000 e por Jochen Alexander Freydank con Spielzeugland en 2008. Gregor's Greatest Invention de Johannes Kiefer foi nomeado para o Ósca á curtametraxe de acción en vivo en 2001, mais perdeu. b: O comité que escolle as propostas de Alemaña á Academia está composto polas seguintes nove asociacións: Verband der Filmproduzenten (Asociación de produtores alemáns de longametraxes); Verband Deutscher Filmexporteure (Asociación de exportadores alemáns de cinema); AG Neuer Deutscher Spielfilmproduzenten (Asociación de produtores de novas longametraxes); Verband der Filmverleiher (Asociación de distribuidores de cinema); Hauptverband Deutscher Filmtheater (Asociación de cinemas alemáns); Bundesverband Kamera (Asociación de fotógragos de cinema); Verband der deutschen Filmkritik (Asociación de críticos de cinema alemáns); Bundesverband Regie/Bundesverband der Fernseh- und Filmregisseure (Asociación de directores de cinema e televisión); Filmförderungsanstalt (Xunta federal de cinema de Alemaña). c: En 1991, o comité de selección emitiu un informe oficial segundo o cal ningún filme alemán posuía a calidade suficiente para ser candidato. Aínda que o filme de Agnieszka Holland Hitlerjunge Salomon fora un éxito de crítica (recibindo premios das sociedades de críticos de Nova York e Boston, o National Board of Review Award e Globo de Ouro) e nese momento era o segundo filme en lingua alemá con máis público nos Estados Unidos (despois de Das Boot), non foi seleccionado. Isto foi amplamente criticado e levou a varios cineastas alemáns destacados a escribir unha carta aberta denunciando o rexeitamento do comité a propoñer Hitlerjunge Salomon. Afirmouse que o comité non escolleu o filme polo seu tema delicado (a historia dun xudeu que escapa á persecución nazi facéndose pasar por ario). Dise que os membros do comité describiron non oficialmente o filme como "lixo" e "unha vergoña". Tamén se dubidou de se cumpriría as regras da Academia porque foi rodado en Polonia e só financiado en parte por Alemaña. Aínda que o filme non foi enviado, estreouse no condado dos Ánxeles, ao que o facía elixible noutras categorías. Foi candidato ao Óscar ó mellor guión adaptado, aínda que non gañou. d: En 2009 o comité de selección escolleu Das weiße Band como proposta alemá. Isto causou certa controversia sobre as regras da Academia, que aceptaría o filme como proposta tanto de Alemaña como de Austria. Martin Schweighofer, director da Austrian Film Commission, expresou que non estaba contento coa decisión: "A incomodidade chega polas regras vagas da Academia. Nas consideracións esenciais, o filme é austríaco". Informouse de que o distribuidor estadounidense, Sony Pictures Classics, fixo presión a Alemaña para que o propuxese en lugar de Austria por razóns tácticas, xa que o cinema austríaco fora candidato dúas veces consecutivas, con Die Fälscher (2007) e Revanche (2008). e: Cada ano está vinculado a un artigo sobre ese ano en particular na historia do cinema.
Referencias
Categoría:Cinema de Alemaña Alemaña