Azerbaidján presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 2007. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2025, dez filmes de Azerbaidján foron propostos para o Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Azerbaidján para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Lingua Director Resultado 2007(80ª) Qafqaz Ruso 2008(81ª) Qala Azerí 2010(83ª) Sahə Azerí, ruso 2012(85ª) Buta Azerí 2013(86ª) Çölçü Azerí 2014(87ª) Nabat Azerí 2017(90ª) Nar bağı Azerí 2021(94ª) Daxildəki Ada Azerí 2022(95ª) Yaradanlar Azerí e ruso 2025(98ª) Tağıyev: Neft Azerí

Notas

Categoría:Cinema de Azerbaidján Azerbaidján