As guerras celtiberas foron unha serie de enfrontamentos bélicos ocorridos entre os séculos III e II a. C. entre o conxunto de pobos celtiberos que habitaban a meseta superior e zona media do Ebro contra a República Romana. Estes enfrontamentos tiveron unha duración temporal desigual, con tres períodos nos que houbo varias paces, pactos, asedios e batallas. O resultado final foi a anexión da rexión denominada Celtiberia.
A primeira guerra celtibera (181 - 179 a. C.) e a segunda guerra celtibera (154 - 151 a. C.) foron dúas das tres rebelións importantes levadas a cabo polos celtiberos (unha alianza das tribos célticas que viviron en Hispania central e oriental, entre as que se poden incluír os arévacos, os lusóns, os titos e os belos) contra a presenza dos romanos en Hispania. A terceira guerra celtibera (143 - 133 a. C.) foi a maior de todas e, acotío, é coñecida tamén como guerra numantina.
Ao rematar a segunda guerra púnica, os cartaxineses perderon o control dos territorios hispanos fronte a Roma. A seguir, Roma dividiu o territorio e creou as provincias de Hispania Ulterior e Hispania Citerior. Daquela, os celtiberos, que compartían fronteira con esta última provincia comezaron a se enfrontaren co exército romano que actuaba nas áreas de Celtiberia e isto levou á primeira guerra celtibera. A vitoria romana nesta guerra e os tratados de paz establecidos polo pretor romano Sempronio Graco con varias tribos conseguiron uns 24 anos de relativa paz.
No 154 a. C., o senado romano rexeitou a ampliación das murallas da cidade de Segeda pertencente aos belos e foi a causa da declaración de guerra. Esta segunda guerra celtibera (154 - 152 a. C.) afectou polo menos a tres tribos celtiberas: os titos, os belos (cidades de Segeda e Nertobriga) e os arévacos (cidades de Numantia, Axinum e Ocilis). Tras algunhas vitorias iniciais dos celtiberos, o cónsul Marco Claudio Marcelo conseguiu derrotalos en varias ocasións e asinaron a paz. O seguinte cónsul, Lucio Licinio Lúculo, atacou os vacceos, unha tribo que vivía no centro do val do Douro e que non estaba en guerra con Roma, coa escusa de que maltrataba os carpetanos. Esta segunda guerra celtibera solapouse coas guerras lusitanas (154 - 150 a. C.).
Fontes A primeira guerra celtibera está incluída na detallada Historia de Roma de Tito Livio. Perdéronse os libros da obra de Livio que se refiren ao período da segunda guerra celtibera. Só existen algúns fragmentos dos escritos de Polibio sobre Hispania. Só temos catro fragmentos da segunda guerra celtibera e estes só recollen a historia dos enviados celtiberos que foron a Roma. Para esta guerra depéndense dos libros de Apiano sobre as guerras en Hispania.
Antecedentes miniatura|Mapa das etapas da invasión romana de Hispania Ao chegar os romanos, os celtiberos estaban gobernados por príncipes, non por reis,Blázquez Martínez (1987), p.199 (cita a idea en Tito Livio: 22,21) e formaban un xeito de confederación que exercía a súa influencia en zonas moi afastadas do seu territorio orixinal. As relacións entre Celtiberia e Oretania, no alto val do Betis (actual Guadalquivir) foron intensas como amosa a abondosa presenza de armas e broches celtibéricos presentes nun cemiterio de Cástulo, no século IV a. C.Blázquez Martínez (1987), p. 199 A tendencia cara a unificación da Celtiberia non semella que fose obra de ningún xefe político ou militar, senón máis ben resultado dun proceso interno onde o obxectivo máis importante foi o control das minas.
As fontes clásicas, referidas a Celtiberia, mencionan un país pobre, cun clima severo, cun hábitat diseminado, normalmente de tipo dun poboado, e de extensión moi reducida. A principal actividade económica desenvolvida polos celtiberos foi a gandaría provocada pola pobreza do solo, o descoñecemento das técnicas agrícolas avanzadas e a concentración da riqueza nunha xerarquía guerreira, o que provocou unha forte desigualdade social que deu como resultado a organización de bandas de mercenariosBlázquez Martínez (1987), p. 198 ou bandidos que buscaban no recurso ás armas unha posible saída para subsistir fronte á tradicional dificultade do traballo agrícola ou gandeiro.
As estimacións falan de que a poboación da Celtiberia prerromana estaría probablemente entre 225 000 e 585 000 persoas, baseándose nunha densidade de poboación estimada entre cinco e trece habitantes por quilómetro cadrado, nun territorio de aproximadamente 45 000 km².Almagro-Gorbea (2001), p. 51 Sobre esta base, os estudos modernos estiman que habería entre 18 000 e 50 000 de guerreiros con capacidade de portar armas na rexión, cifras confirmadas polo tamaño dos maiores exércitos celtibéricos, entre 15 000 e 35 000 combatentes.Almagro-Gorbea (2001), p. 52
Contexto Os romanos ocuparon os territorios dos cartaxineses no sur de Hispania despois de derrotalos na batalla de Ilipa (206 a. C.) durante a segunda guerra púnica (218 - 201 a. C.).
Despois da guerra, crearon dúas provincias: Hispania Citerior (Hispania máis próxima) que abranguía toda a costa mediterránea (correspondería con territorios das actuais comunidades autónomas de Aragón, Cataluña e Valencia) e Hispania Ulterior (Hispania máis afastada) no sur, que se correspondería, aproximadamente, coa actual Andalucía. Houbo numerosas rebelións de tribos, tanto do interior do territorio romano como do exterior durante este período de case cen anos, até o remate da Primeira guerra celtibera no 179 a. C.
Os celtiberos, ou as coalicións formadas en parte por celtiberos, enfrontáronse moi cedo con novo poder romano. Martínez Blázquez, destaca a consideración da primeira guerra celtibera como unha guerra defensiva por parte de Roma que trataba de impedir os ataques e a expansión destes cara a Hispania Ulterior; é dicir, o val do Ebro e a zona de Levante. No 197 a. C., 20 000 celtiberos atacaron un exército romano preto de Iliturgis, e no 195 a. C., 10 000 celtiberos foron recrutados como mercenarios para unírense cos túrdulos contra Roma, o que provocou que Roma mandase un exército consular dirixido por Catón o Vello para pacificar a Citerior.Pérez Rubio (2014), p. 162 Este enviou un exército consular á Celtiberia e, a pesar de non poder tomar Saguntia,Saguntia/Segontia. Tradicionalmente identificada como Sigüenza. Porén hai tamén outras interpretacións: ver Pérez Rubio (2014), p. 162. conseguiu que os celtiberos detivesen as hostilidades no 195 a. C. Trala marcha de Catón a Roma, no 193 a. C., outra coalición de celtiberos (lusóns), vacceos e vetóns foi derrotada por Marco Fulvio Nobilior preto de Toletum.Pérez Rubio (2014), p.163 Na mesma zona, no 185 a. C., outra coalición, probablemente, formada por celtiberos, vetóns e carpetáns, derrotaron a dous exércitos pretorianos, mais foron tamén derrotados eles nun enfrontamento preto do Texo por Quinto Fulvio Flaco.
Primeira guerra celtibera
Batalla de Ebura Debido aos antecedentes anteriores, no 182 a. C., Quinto Fulvio Flaco aumentou a presión actuando máis preto da Celtiberia cunha idea de conquista definitiva. Conquistou a cidade de UrbicuaSegundo Pérez Rubio (2014), p. 164; quizais sexa Concud (Teruel), a Urbiaca do Itinerario de Antonino e, como resposta, os celtiberos ergueron un exército de 35 000 homes que, segundo Tito Livio, era unha cifra non alcanzada nunca antes.Livio (1993), p. 389 (Libro XL, 30, 1) Para enfrontarse cun grande exército celtibero de 35 000 efectivos, Flaco recibiu como 3 000 soldados romanos de infantaría e 6 000 aliados e outros 200 romanos e 300 aliados de cabalaría e xuntou tantas tropas de auxiliares como puido. Con ese continxente marchou á Carpetania e, preto de Ebura,Estaba no límite do territorio dos Vetóns. Hoxe correspóndese con Talavera de la Reina, na parte occidental da moderna provincia de Toledo. derrotou o exército celtibero, no que morreron 23 000 celtiberos e outros 4 700 foron capturados fronte a unhas perdas romanas de 200 mortos, 800 aliados e uns 2 400 auxiliares nativos. Tamén conseguiu tomar a cidade. Os detalles dados por Tito Livio suxire que os celtiberos formaron unha coalición organizada, usando un exército composto tanto por cabalaría como por infantaría, e loitaron en formacións pechadas empregando estandartes.
Campaña de Flaco
A seguir, Quinto Fulvio Flaco cruzou Carpetania cara a Contrebia.F. Burillo en "Los celtíberos. Etnias y estados" (1998; pp. 216-217), afirma que o máis probable sexa que Contrebia Carbica, unha cidade celtibera cuxos restos, considérase que, son os atopados en Fosos de Bayona, Cuenca.Apiano, chámaa Complega. Un exército celtibero marchou a protexer a cidade mais debido ás intensas choivas cando chegou, a cidade, xa se rendera. Os celtiberos foron collidos por sorpresa pola saída do exército romano. Aínda que a maioría puido escapar, morreron 12 000 celtiberos e outros 5 000 xunto con 400 cabalos e 63 estandartes foron capturados.Livio (1993), p. 393-394 (Libro XL, 33,1-4) Os fuxidos tropezaron con outro grupo de celtiberos, camiño de Contrebia, que ao ser informados da derrota, se dispersou. Mentres tanto, Quinto Fulvio, marchou a través do territorio celtibero devastando os campos e asaltando moitas fortalezas até que os celtiberos se renderon.
Como o seu sucesor, Tiberio Sempronio Graco, chegou tarde, Flaco comezou unha terceira campaña contra os celtiberos que seguían sen se render, devastando as partes máis afastadas da Celtiberia, onde vivían os lusóns.Enfrontouse ás tribos celtiberas que vivían ao longo do río Iberus, incluídos os Lusones (unha pequena tribo celtibera no norte da Celtiberia, no alto vla do río Tajuña, no nordeste da actual Guadalaxara). Apiano (1980), p. 141 (Libro VI, 42) No camiño de volta para Tarraco, para entregar o mando do exército a Graco, Flaco foi emboscado no paso de Manlia. Conseguiu derrotar os celtiberos (matando 17 000 celtiberos e capturando outros 3 700, amais 600 cabalos), pero tamén tivo perdas importantes (4 400 romanos)Livio (1993), pp. 402-403 (Libro XL 39.1-8; 40,1-13) e continuou cara a Tarraco e despois para Roma con algúns veteranos, sendo substituído por Graco que marchou para a Celtiberia.Livio (1993), p. 405 (Libro XL, 40.14-15) Campaña de Graco Asistido polo seu colega, Lucio Postumo Albino, Graco marchou para a Celtiberia. Tomou, en primeiro lugar, a cidade de Munda e, de seguido, atacou a importante cidade de Cértima. A cidade pediu axuda a un campamento militar celtibero na cidade próxima de Alce, que enviou dez emisarios para indagar aos romanos sobre as razóns do ataque. Despois de que Graco ordenase a todo o exército que marchase diante deles, os legados saíron e desalentaron o seu pobo de enviar axuda á cidade asediada. Munda rendeuse, enviou a corenta mozos nobres como reféns e, Graco, impúxolles unha indemnización.Livio (1993), pp. 414-415 (Libro XL, 47, 1-10)
Despois de Cértima, Tiberio Graco derrotou os celtiberos que gardaban o campamento militar en AlceProbablemente é a cidade que no Itinerario Antonino se colocou entre Augusta Emerita (Mérida) e Caesaraugusta (Zaragoza) (Livio menciona 9 000 homes e 320 homes e 112 cabalos capturados; 109 romanos caeron).Livio (1993), pp. 416-417 (Libro XL, 48,7) Graco capturou entón a cidade e negociou a defección dalgúns nobres importantes, incluído o que Livio pensaba de lonxe o home máis poderoso de Hispania, un xefe celtibero chamado Turro.Livio (1993), p. 417 (Libro XL, 49,4-7) Ergavica, outra cidade celtibera, alarmouse polas derrotas dos seus veciños e abriu as portas ós romanos. Ademais, Graco derrotou 20 000 celtiberos que asediaban a cidade de Caravis (Magallón, no noroeste de Aragón),Pérez Rubio (2014), pp. 163-164 aliada de Roma, e conquistaron a cidade de Complega.