Abhaya Caranāravinda Bhaktivedānta Svāmi, nado como Abhay Charan De en Calcuta o 1 de setembro de 1896 e finado en Vrindava o 14 de novembro de 1977, foi un mestre espiritual indio, fundador-preceptor de International Society for Krishna Consciousness (ISKCON), coñecida comunmente como o "Movemento Hare Krishna". Os membros do movemento ISKCON ven a Bhaktivedānta Swāmi como o representante e mensaxeiro de Krsna Caitanya.
Foi educado no Scottish Church College de Calcuta. Antes de adoptar a vida de novizo (vanaprastha) en 1950, casou, tivo fillos e levou un pequeno negocio farmacéutico. En 1959 fixo voto de renuncia (sannyasa) e comezou a escribir comentarios ás escrituras do Vaishnava. En anos posteriores, como monxe viaxeiro do Vaishnava, converteuse nun comunicador influente da teoloxía de Gaudiya Vaishnava na India e especificamente no mundo occidental mediante o liderado da ISKCON, fundada en 1966. Como fundador de ISKCON, "xurdiu como unha figura importante da contracultura occidental, iniciando miles de mozos estadounidenses". Recibiu críticas dos grupos anticulto, á parte dunha benvida favorable de estudos da relixión como J. Stillson Judah, Harvey Cox, Larry Shinn e Thomas Hopkins, que eloxiou as traducións de Bhaktivedānta Swāmi e defendeu o grupo contra as imaxes distorsionadas e malas interpretacións dos medios. Con respecto ás súas achegas, os líderes relixiosos doutros movementos de Gaudiya Vaishnava tamén recoñeceron a súa importancia.
Foi descrito como líder carismático no sentido empregado polo sociólogo Max Weber, con grande éxito na adquisición de seguidores nos Estados Unidos, Europa a India e no resto do mundo."Unrecognized charisma? A study and comparison of four charismatic leaders: Charles Taze Russell, Joseph Smith, L Ron Hubbard, Swami Prabhupada" by George D. Chryssides. Paper presented at the 2001 International Conference The spiritual supermarket: religious pluralism in the 21st century, organised by INFORM and CESNUR (Londres, abril de 2001) A súa misión era propagar por todo o mundo o Gaudiya Vaishnavism, escola do hinduísmo Vaishnavite que lle ensinou o seu gurú, Bhaktisiddhanta Sarasvati. Trala súa morte en 1977, ISKCON, a sociedade que fundou baseada nun tipo de krishnaísmo hindú que empregou o Bhagavata Purana como escritura central, continuou a medrar. A súa tradución e comentarios ao Bhagavad Gītā, titulado Bhagavad-gītā As It Is, está considerado polos seguidores do movemento ISKCON e moitos estudosos védicos como as mellores obras literarias do vaishnavismo traducidos ao inglés.
Títulos honoríficos Swāmījī — título orixinal empregado polos discípulos estadounidenses Prabhupāda — outorgado polos discípulos estadounidenses en 1968, popularizado por ISKCON Śrīla Prabhupāda — outorgado polos discípulos estadounidenses en 1968, popularizado por ISKCON A Súa Divina Graza — título para dirixirse a el, outorgado polos discípulos estadounidenses, popularizado por ISKCON Svāmī Mahārāj — empregado na súa denominación local Gauḍīya Maṭha (en que "Prabhupāda" é destinado a Bhaktisiddhānta Gosvāmī) Śrīla Bhaktivedānta — empregado en Chaitanya Mission / Science of Identity (en que "Prabhupad" é destinado a Chris Butler)
Monumentos miniatura|ISKCON Palacio de Ouro de Prabhupada en Virxinia Occidental Construíronse numerosos samadhis e santuarios dedicados á memoria de Bhaktivedanta Swami por parte dos membros de ISKCON, o maior deles situado en Mayapur, Vrindavan, e cos de maior tamaño localizados nos Estados Unidos. O Palacio de Ouro de Prabhupada foi deseñado e construído por devotos da comunidade de New Vrindavan e consagrado o 2 de setembro de 1979. En 1972 a intención era que simplemente fose a residencia de Bhaktivedanta Swami, mais co tempo os plans evolucionaron nun palacio de mármore e ouro visitado por miles de peregrinos hindús cada ano.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en Calcuta Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Filósofos da India Categoría:Gurús hinduístas Categoría:Monxes