Partisan Records é un selo discográfico independente con oficinas nos Ánxeles, Londres e Cidade de México, ademais de Nova York, onde Tim Putnam e Ian Wheeler fundaron a compañía en 2007. Inicialmente a compañía dirixíase dende o apartamento de Putnam en Brooklyn, e trasladouse en 2009 ás súas oficinas en Williamsburg, onde aínda están. O álbum de Holy Sons Decline of the West foi o primeiro lanzamento do selo, un exitoso traballo ao que lle seguiu ao pouco tempo o lanzamento do traballo de Deer Tick War Elephant.

En 2008, mentres traballaba como encargado nocturno no local The Knitting Factory en Manhattan, o CEO de Knitting Factory Entertainment, Morgan Margolis, achegouse a Putnam para formar unha asociación estratéxica con Partisan. Xuntos reeditaron o catálogo de Fela Kuti e reviviron o seu selo, Knitting Factory Records, que tamén inclúe a outros membros da familia Kuti, como Femi Kuti e Seun Kuti.

Partisan cultivou unha nómina de artistas ecléctica e diversa, abarcando bastantes xéneros musicais, priorizou unha filosofía amigable cos artistas, e acadou o recoñecemento internacional. En 2018 conseguiron un top 5 nas listas do Reino Unido e un nomeamento aos BRIT Awards con Joy as an Act of Resistance de Idles, e en 2019 obtiveron o seu primeiro nomeamento para un Grammy con Deran de Bombino.

Putnam no presente traballa como presidente de Partisan, e Wheeler xestiona a revista online The Talkhouse, que fundou en 2015 e comparte unha oficina con Partisan.

Artistas

Actuais

Angélica Garcia Aoife Nessa Frances Beth Orton Blondshell Body Meat Bombino Cameron Winter Cigarettes After Sex Cymande DJ Rashad Ezra Collective Fela Kuti Femi Kuti Geese Grian Chatten Honesty Idles Just Mustard Laura Marling Léa Sen Lip Critic Maple Glider NoSo PJ Harvey Skinny Pelembe Sun's Signature TTSSFU Ultraísta Westerman Witch

Pasados

Aaron Freeman Ages and Ages Baby In Vain Bobby Body Type Callers Christopher Denny Craig Finn Deer Tick Dilly Dally Dolorean Eagulls Emel Mathlouthi Emily Wells Erika Wennerstrom (de Heartless Bastards) Field Report Fontaines D.C. Goon Flock of Dimes Guards Heartless Bastards Holy Sons JBM John Grant Lontalius Lumerians Mercury Rev Middle Brother Molly Sarlé (de Mountain Man) Mountain Man Nico Yaryan Paleo PHOX Pottery Pure Bathing Culture Sallie Ford and the Sound Outside Sylvan Esso Tender The Amazing The Black Angels The Dismemberment Plan The Standard The Wytches Treetop Flyers Torres Violents Warm Ghost

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Discográficas independentes dos Estados Unidos de América