A Ponte Olveira é un lugar da parroquia de Corzón no concello coruñés de Mazaricos, na comarca do Xallas. Segundo o INE en 2018 tiña 31 habitantes (17 homes e 14 mulleres). Localización Sitúase a carón do río Xallas, enfronte da aldea da Ponte Olveira (Olveiroa, Dumbría) e ambas recibe o seu nome da ponte que cruza o río, construíuda no século XVI sobre unha anterior medieval e modificada en 1962, sobre a cal discorre a estrada provincial DP-3404. Ten seis vaos de arcos de medio punto, con pedra de perpiaño.

Por aquí discorre o camiño de Fisterra-Muxía, prolongación do camiño de Santiago. Aparece citado en 1477 no Anónimo Florentino e nos itinerarios de Christoph Guzinguer (1654) e Domenico Laffi (1673). Segundo a documentación recollida polo historiador Francisco Mayán, durante a Guerra da Independencia Española tivo lugar unha batalla das xentes da zona contra as tropas francesas, baixo o mando do cura do Ézaro, Xoán Pispieiro. As tropas francesas arrasaron a zona ao seu paso cara a Cee e Corcubión.

Lugares e parroquias Lugares de Corzón

Parroquias de Mazaricos

Notas

Categoría:Lugares de Mazaricos Categoría:Localidades do Camiño de Fisterra Categoría:Lugares divididos entre dous concellos