A Federación Internacional de Piragüismo (coñecida polas súas siglas en inglés, ICF, International Canoe Federation) é a entidade que se dedica a regular as normas do piragüismo a nivel competitivo, así como de celebrar periodicamente competicións e eventos en cada unha das súas disciplinas.

Ten a súa sede na cidade suíza de Lausana. Conta en 2016 coa afiliación de 165 federacións nacionais dos cinco continentes. O presidente é dende o ano 2008 o español José Perurena López.

Historia Foi fundada o 19 de xaneiro de 1924 en Copenhague, baixo o nome de Representación Internacional de Piragüismo (en alemán Internationale Repräsentantenschaft Kanusport, IRK) polas federacións nacionais de Alemaña, Austria, Dinamarca e Suecia con sede en Múnic.

En 1946 cambióuselle a denominación pola actual e desde o 2006 ten a súa sede na cidade de Lausana.

Disciplinas A ICF recoñece oficialmente como disciplinas do piragüismo ás seguintes especialidades:

Piragüismo en augas tranquilas Piragüismo en slálom Piragüismo en augas bravas Piragüismo en maratón Caiac-polo Piragüismo de estilo libre Piragüismo en mar Regatas de barco-dragón

Eventos A ICF organiza anualmente diversas competicións internacionais en cada unha das súas disciplinas. Entre as máis importantes están as seguintes:

Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Tranquilas Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Bravas Campionato Mundial de Piragüismo en Slálom Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón Campionato Mundial de Piragüismo de Estilo Libre

Organización A estrutura xerárquica da federación está formada polo presidente e os vicepresidentes, o Congreso (que se celebra cada dous anos), o comité executivo, o Consello e once Comités Técnicos (un para cada disciplina máis un comité médico, un comité atlético e un comité deportivo).

Presidentes NºPeríodoNomePaís 1 1924 – 1925e1928 – 1932 Franz Reinicke 2 1925 – 1928 Paul Wulff 3 1932 – 1945 Max W. Eckert 4 1946 – 1950 Jonas Asschier 5 1950 – 1954 Harald Jespersen 6 1954 – 1960 Karel Popel 7 1960 – 1980 Charles de Coquereaumont 8 1980 – 1998 Sergio Orsi 9 1998 – 2008 Ulrich Feldhoff 10 2008 – José Perurena López

Organizacións continentais A ICF conta en 2016 coa afiliación de 165 federacións nacionais distribuídas en cinco organizacións continentais: NomeSiglasSedeNº de federacións Páx. web Confederación Africana de Piragüismo (CAC) Pietermaritzburg, 36 Confederación Panamericana de Piragüismo (COPAC) Miami, 33 Confederación Asiática de Piragüismo (ACC) Teherán, 37 Asociación Europea de Piragüismo (ECA) Zagreb, 46 Federación de Piragüismo de Oceanía (OCF) — 13

Federacións nacionais África (CAC) <th width=16%> América (COPAC) Asia (ACC) <th width=16%>Europa (ECA) Oceanía (OCF)

( )

()

()

() ()

()

()

()

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial (en inglés)

Categoría:Piragüismo Categoría:Federacións deportivas