Blindside é unha banda sueca de rock procedente dos suburbios do sur de Estocolmo. Fundouse no ano 1994 como Underfree. En 1996 cambiaron o nome a Blindside e publicaron o álbum Blindside en 1997 a través do selo independente sueco Day-Glo Records. O seu segundo traballo, A Thought Crushed My Mind, chegou no ano 2000. O grupo comezou a recibir atención en 2001 cando xirou con P.O.D., conseguindo un contrato con Elektra. En 2002 publicaron o álbum Silence e en 2003 xiraron como abreconcertos de Hoobastank. Nunha xira en 2004 roubáronlle o equipo, pero Blindside publicou About a Burning Fire ese mesmo ano. Tras perder o apoio do seu selo, en 2005 a banda editou The Great Depression independentemente, e tamén lanzou o DVD Ten Years Running Blind.
Blindside editou un EP en 2007, The Black Rose, pero a meirande parte da súa actividade cesou ata 2011, cando publicou o álbum With Shivering Hearts We Wait.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloBlindside1997Solid State Records, Day-Glo RecordsA Thought Crushed My Mind2000Solid State RecordsSilence2002Elektra RecordsAbout a Burning Fire2004Elektra Records, 3 Points RecordsThe Great Depression2005DRT EntertainmentWith Shivering Hearts We Wait2011INO Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Estocolmo Categoría:Grupos musicais de rock cristián Categoría:Grupos musicais de metal cristián Categoría:Grupos musicais de metal alternativo Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de nu metal Categoría:Grupos musicais formados en 1994