Camilo Cancio Quindós, que asinaba como Camilo C. Quindós, nado en Vilaseca (Negueira, Negueira de Muñiz) o 6 de xaneiro de 1884 e finado en Vigo o 20 de maio de 1918, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Criouse en Navia, colaborou en Las Riberas del Eo. Fixo o servizo militar en Ferrol, publicou poemas e artigos en El Correo Gallego. Instalouse en Ribadeo en 1907, participou na fundación do Ateneo e colaborou con Francisco Lanza e Celestino Pérez Andrade en La Voz del Pueblo e en 1912 en El Eco Mercantil.LANZA ÁLVAREZ, Francisco Estivo en Madrid, onde frecuentou os círculos literarios. Pasou unha tempada na Arxentina. Posteriormente regresou a España e ingresou no corpo de Policía.La Noche, 6-1-1951, p. 2. Colaborou en Galicia e Suevia. Deixou inéditas e en preparación varias obras.

Obra Poesía La musa loca, 1910. Flor de mi senda, 1912. Alborear, 1914.Ficha en Galiciana

Teatro Abrazo que redime. Diálogo representable, en verso, para niños, 1913.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Autores ribadenses en lengua castellana iesgamallofierros .

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Negueira de Muñiz Categoría:Nados en Negueira de Muñiz Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos