José Varela-Portas Basabrú, nado en Lugo o 1 de marzo de 1894El Eco de Galicia, 7-3-1894, p. 3. e finado no mesmo concello o 16 de xaneiro de 1959,Necrolóxica en El Progreso, 17-1-1959, p. 5. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Iniciou os estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e trasladouse en 1913 á Universidade Central de Madrid.El Regional, 6-8-1913, p. 2. Avogado en Lugo. O 16 de febreiro de 1936, cando se celebraban as eleccións a Cortes, actuando como apoderado do seu cuñado José Benito Pardo Pardo nun colexio electoral de Antas de Ulla, disparou contra José Sabariz García, militante de Izquierda Republicana, Victorino García Otero e outro; José Varela tamén resultou ferido.El Pueblo Gallego, 18-2-1936, p. 11. José Sabariz finou en marzo a consecuencia das feridas.El Pueblo Gallego, 22-3-1936, p. 10.

Vida persoal Casou en 1924 con Josefa Pardo Pardo, filla de José Benito Pardo Rodríguez (Pepe Benito)El Progreso, 24-6-1926, p. 2., e foi pai de José Ramón, Víctor, Juan, Javier, Santiago, María Teresa e Aurora Varela Pardo. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Avogados de Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes