Aerodramus ocistus é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que comprende as salanganas), unha das vinte e seis integradas hoxe no xénero Aerodramus, endémica das illas Marquesas, na Polinesia Francesa.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1906 polo ornitólogo estadounidense Harry Church Oberholser,Aerodramus ocistus (Oberholser, 1906) no ITIS. co nome de Collocalia ocista,Aerodramus ocistus en Wikispecies. en Proceedings of the Academy of Natural Sciences of Philadelphia 58: 179-184.
Variacións taxonómicas Inicialmente clasificada dentro do xénero Collocalia, descrito en 1840 por George Robert Gray e, máis tarde, en Aerodramus, que describira Oberholser en 1906.
Etimoloxías Para a do xénero, ver Aerodramus.
O epíteto específico, ocistus, está tirado do grego antigo ὠκύστος, ōkýstos, superlativo de ὠκύς, ōkýs, "rápido", "veloz",ocista / ocistus en: James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 279. aludindo á rapidez do voo desta salangana.
Sinónimos Ademais de polo nome válido actual, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:
Collocalia ocista Oberholser, 1906 (protónimo).
Nome vulgar Na maioría dos idiomas a especie coñécese vulgarmente como salangana das Marquesas.
Subespecies Na actualidade recoñécense nesta especie, as dúas subespecies seguintes:Ver Aerodramus ocistus na páxina Order Apodiformes da IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 19 de outubro de 2019. Aerodramus ocistus (Oberholser, 1906) Aerodramus ocistus gilliardi (S. Somadikarta, 1994) - sur das Marquesas. (Uapou, Hivaoa e Tahuata).Salangana de las Marquesas. Aerodramus ocistus (Oberholser, 1906) en AviBase. Aerodramus ocistus ocistus (Oberholser, 1906) - norte das Marquesas. (Eiao, Nukuhiva e Uahuka).
Distribución e hábitat Esta especie, como quedou dito, é un endemismo das illas Marquesas.
O seu hábitat natural son os bosques tropicais e subtropicais húmidos de monte raso, onde se alimentan de insectos que apañan en voo, como é habitual nas salanganas. E, como todas elas, descansan e aniñan en covas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Phil Chantler (1995): Swifts: A Guide to the Swifts and Tree Swifts of the World. Mountfield, East Sussex, UK: Pica Press. ISBN 978-0-3000-7936-4. Joseph del Hoyo, Andrew Elliot e Jordi Sargatal, eds. (1999): Handbook of the Birds of the World. Volume 5: Barn-owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2. Josep Del Hoyo, Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott e Lincoln D. C. Fishpool (2014): HBW and Birdlife International Illustrated Checklist of the Birds of the World, Volume 1 Non-Passerines. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.
Outros artigos Apodiformes Apódidos Colocaliinos Aerodramus
Ligazóns externas Aerodramus ocistus. Marquesan swiftlet na ADW. Marquesan Swiftlet. Aerodramus ocistus (Oberholser 1906) na EOL. Salangana de las Marquesas. Aerodramus ocistus (Oberholser, 1906) en AviBase.
Categoría:Apódidos Categoría:Aves de Oceanía Categoría:Animais descritos en 1906