Augustas Pečiukevičius, nado o 2 de decembro de 1991 en Vilnius, é un xogador lituano de baloncesto profesional que xoga no Kangoeroes Basket Mechelen belga.
Traxectoria profesional O 3 de setembro de 2015, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo San Pablo Inmobiliaria Burgos da Liga LEB Ouro.Augustas Peciukevicius, director de juego del San Pablo Inmobiliaria
O 22 de outubro de 2019, Pečiukevičius asinou un contrato de catro meses co Básquet Coruña da Liga LEB Ouro. O 29 de xaneiro de 2020, anunciouse a renovación do contrato entre Pečiukevičius e o Básquet Coruña ata o remate da tempada. O 11 de agosto de 2020, Pečiukevičius e o Básquet Coruña renovaron a súa vinculación unha tempada máis. O 18 de agosto de 2021, Pečiukevičius e o equipo coruñés acordaron a ampliación do contrato do xogador lituano por unha tempada máis.
O 30 de xullo de 2022, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo Club Ourense Baloncesto da Liga LEB Ouro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en FEB.es
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Vilnius Categoría:Xogadores de baloncesto de Lituania Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores do Tartu Üllikool Rock Categoría:Xogadores do CB Miraflores Categoría:Xogadores do Phoenix Brussels Categoría:Xogadores do Club Básquet Coruña Categoría:Xogadores do Club Ourense Baloncesto Categoría:Xogadores do Kangoeroes Basket Mechelen