Carles Mundó i Blanch, nado en Vic en 1976, é un avogado e político catalán. Ocupou o cargo de conselleiro de Xustiza da Generalitat de Cataluña entre o 14 de xaneiro de 2016 e o 28 de outubro de 2017.
Desde o 7 de setembro atopábase investigado pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña por presuntos delitos de prevaricación, desobediencia ó Tribunal Constitucional e malversación de caudais públicos, tras asinar o Decreto autonómico para convocar un referendo de autodeterminación, xunto cos demais membros do Goberno autonómico. O 8 de setembro, a Fiscalía esixía fianza para garantir os gastos que poida causar ó erario público, que cifra en 6,2 millóns de euros. O Xuízo empezou o 12 de febreiro de 2019. Unha vez celebrado, en sentenza 459/2019, de 14 de outubro de 2019, o Tribunal Supremo absolveuno do delito de malversación e condenouno a unha multa polo delito de desobediencia.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Vic Categoría:Conselleiros da Generalitat de Cataluña Categoría:Políticos de ERC Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra