A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no norte da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos do Castro de Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.
Demografía A comarca de Terra de Caldelas contaba en 2020 cunha poboación de 2.764 habitantes. A poboación menor de 15 anos era o 4,09% do total, o que representa uns niveis moi baixos en relación á media de Galicia (12,55%), mentres que pola outra banda o 45,22% contaba con máis de 65 anos, o que deixa unha poboación en idade de traballar dun 50,69%.
A idade media da poboación en 2020 era de 59,54 anos, que supera amplamente a media galega (47,48 anos).
Padrón municipal 2020 2.764 habitantes Menores de 15 anos 113 (4,09 %) Entre 16 e 64 anos 1.401 (50,69 %) Maiores de 65 anos 1.250 (45,22 %)
En relación ao movemento natural da poboación, no ano 2019 houbo 6 nacementos en toda a comarca e 66 defuncións, o que deixou un saldo vexetativo negativo de -60.
Galería de imaxes Vexa o artigo principal na Galería de imaxes da comarca da Terra de Caldelas
Notas
Terra de Caldelas, Comarca da