Ramiro Alfonso Castro Dono, nado en Guimarei (A Estrada) o 17 de novembro de 1912Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales. Altas de 1934 e finado na Estrada o 10 de outubro de 1969,El Pueblo Gallego, 6-10-1970, p. 14. foi un mestre, escritor e político galego.

Traxectoria Fixo o bacharelato en Pontevedra e estudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, obtendo o título en 1932.La Voz de Galicia, 10-12-1932, p. 9. Foi secretario do Comité pro Monumento a Pardo de Cela constituído na Estrada en decembro de 1932.El Pueblo Gallego, 13-12-1932, p. 10. Foi secretario do Comité Pro-Estatuto da Estrada en 1933 e interveu nos mitins da campaña.El Emigrado, 16-1-1933, p. 5.El País, 7-8-1933, p. 4. Publicou poemas en El Compostelano, Vida Gallega, na revista Nós,"O milagre da conceición da Natureza", Nos, 15-2-1932, p. 3."Romance de Reises na parroquia de Guimarei, na Terra de Tabeirós", Nos, 15-3-1932, p. 15. El Emigrado"Poemas do Ultra", El Emigrado, 7-8-1929, p. 1."Tormenta", El Emigrado, 30-6-1932, p. 1."A Terra a defender", El Emigrado, 31-8-1932, p. 1. e El Pueblo Gallego"A Liberdade é Unha Strela", El Pueblo Gallego, 18-5-1933, p. 5.. Mestre destinado na escola da Mariña da Guarda dende 1934,El Noticiero Gallego, 11-11-1934, p. 3. foi secretario do Partido Galeguista da Guarda, e logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro da Guarda. Con Rafael Varela Pazo representaron A Estrada no enterro de Antón Vilar Ponte en marzo de 1936.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse e permaneceu fuxido durante 12 anos. Entre outros lugares refuxiouse na casa de Manuel García Barros, onde escribiu un “Cara o Sol vermello” como resposta á degradación a que eran sometidos ao obrigarlles a cantar esta canción; a letra circulou clandestinamente durante o franquismo sen saberse do seu autor. Sancionado coa inhabilitación como mestre por orde ministerial de 31 de outubro de 1941, resistiu até 1947 en que se entregou nunha das amnistías do franquismo.

Foi nomeado axente executivo interino do concello da Estrada en xullo de 1947.La Noche, : 10-7-1947, p. 2. Aprobou os exames de procurador na Audiencia Territorial da Coruña o 29 de maio de 1948.La Voz de Galicia, 30-5-1948, p. 5. Revisado o seu expediente de depuración en 1951, recuperou a praza de mestre coa sanción de "traslado durante cinco anos e inhabilitación para cargos directivos e de confianza" en 1952.BOE, 27-6-1953, p. 3889. Foi destinado a escola de Saians (Moraña) en 1953,El Pueblo Gallego, 5-9-1953, p. 3. a de Salgueiros (Vila de Cruces) en 1954,El Pueblo Gallego, 10-8-1954, p. 9. e despois foi mestre en Pardemarín (A Estrada). Renunciou á súa vocación literaria, limitándose a exercer a docencia e queimando toda a súa obra. Sospeitoso para as autoridades, foi detido en varias ocasións.

Vida persoal

Casou con María Maceira Matalobos e foi pai de José Castro Maceira. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Alfonso Ramiro Castro Dono e a creación cultural truncada

Ligazóns externas Fuxidos da parroquia de Guillarei

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Concelleiros da Guarda Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes