Cholpon Orozobekova (en lingua kirguiz Чолпон Орозобекова), nada no distrito de At-Bashy (provincia de Narin) o 17 de novembro de 1975, é unha xornalista, analista e activista polos dereitos humanos kirguiz. Traxectoria Naceu nunha familia de profesores na por entón República Socialista Soviética de Kirguizistán. Estudou no instituto de Pogranichnik, vila chamada na actualidade Kazybek, en memoria de Kazybek Mambetimin-uulu. Estudou Xornalismo na Universidade Nacional de Kirguizistán. Fixo dous mestrados en Xenebra, un en negociación internacional no Graduate Institute of International and Development Studies, e outro en Seguridade Europea e Internacional na Universidade de Xenebra.

Entre 1999 e 2007, mentres vivía en Bixkek, traballou para delegacións internacionais de medios como RFE/RL, BBC ou o IWPR. En 2006 fundou o xornal en lingua kirguiz De Facto, copropiedade do seu marido Jengishbek Edigeev, e que dirixe ela.

No verán de 2008 tivo que exiliarse en Suíza por ameazas do círculo de Janybek Bakiev, irmán do por entón presidente Kurmanbek Bakiev, quen deixou o cargo en 2010 tras a revolución dos tulipáns. Traballa como analista na revista The Diplomat.

Notas

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Kirguizistán Categoría:Xornalistas de Kirguizistán Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Kirguizistán Categoría:Alumnos da Universidade de Xenebra Categoría:Escritores en lingua kirguiz Categoría:Activistas polos dereitos humanos de Kirguizistán