é un filme xaponés de 1997 escrito e codirixido por Hideaki Anno e animado por Gainax e Production I.G. Serve como complemento para o final de Neon Genesis Evangelion, debido a que o final do anime foi condicionado debido a problemas económicos. Conta a historia do adolescente Shinji Ikari, que pilota un Evangelion Unidade 01, un dos xigantes biomecánicos que loitan contra entidades hostís chamadas Anxos. O filme retoma o argumento da serie de televisión dende o episodio 24, e está estruturado como unha versión alternativa e máis longa dos episodios 25 e 26.
Malia que gañou premios como o Gran Premio de Animage de 1997, Evangelion: O final de Evangelion inicialmente recibiu críticas dispares. Unha enquisa da revista Time Out votada por cineastas considerou Evangelion: O final de Evangelion un dos 100 mellores filmes animados de tódolos tempos.
Personaxes Personaxe Voz xaponesa Shinji Ikari Megumi Ogata Rei Ayanami Megumi Hayashibara Asuka Langley Soryu Yūko Miyamura Kaworu Nagisa Akira Ishida Misato Katsuragi Kotono Mitsuishi Gendo Ikari Fumihiko Tachiki Kozo Fuyutsuki Motomu Kiyokawa Ritsuko Akagi Yuriko Yamaguchi Makoto Hyuga Hiro Yuki Shigeru Aoba Takehito Koyasu Maya Ibuki Miki Nagasawa Keel Lorentz Mugihito Yui Ikari Megumi Hayashibara Ryoji Kaji Kōichi Yamadera Kyoko Zeppelin Soryu Maria Kawamura
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Kazuya Tsurumaki Categoría:Filmes dirixidos por Hideaki Anno Categoría:Filmes de Neon Genesis Evangelion Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes sobre depresión Categoría:Filmes baseados en lendas urbanas Categoría:Filmes de 1997 con versión en galego