Astérix na terra dos belgas (en ) é o vixésimo cuarto volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración), publicado orixinalmente en 1979. Foi a derradeira historia de Astérix escrita por Goscinny, quen morreu durante a súa produción.
Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1998.
Sinopse Os romanos do campo fortificado de Laudanum quedan traumatizados despois dunha campaña en Bélxica, motivo polo que até o propio Xulio César describe ós belgas como os máis valentes de tódolos pobos da Galia. Abaracúrcix, ultraxado, decide ir el mesmo para defender a reputación dos galos celtas, e Astérix e Obélix acompáñano con pouco entusiasmo.
Unha vez en Bélxica, os galos coñecen unha tribo belga e deciden organizar un concurso arbitrado polo mesmo Xulio César para que sexa el quen diga quen son os máis valentes, mais César ten outros plans.
Notas
Categoría:Álbums de Astérix Categoría:Obras literarias de 1979 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego