Robert Lennox, nado en Saltcoats o 30 de agosto de 1943, alcumado Buzz Bomb ou Lemon porque os defensores ó seu carón asemellaban lapas que o succionaban, foi un futbolista escocés.

Traxectoria Ocupaba a demarcación de dianteiro e que viviu unha etapa dourada sendo un dos artellantes dos Lisbon Lions que no 1967 foran gañadores da Copa de Europa. O 5 de setembro de 1961 chegaba ata Celtic Park proveniente do Ardeer Recreation para face-lo seu debut na vitoria por 2-1 nun encontro ligueiro contra o Dundee F.C.. Nas súas 589 participacións coa camisola do club foi quen de facer unha boa morea de goles (273).

Coa selección escocesa xogou 10 veces sumando 3 goles sendo o máis transcendental o que lle meteu a Inglaterra en 1967 en Wembley na disputa dun amigable que terminou cun 2-3 prós escoceses no taboleiro de marcas.

Despois de retirarse da práctica en activo do fútbol seguiu ligado ó Celtic ata 1993, é dicir, durante a piques de 32 anos dende que chegara coma xogador. No 1 de xaneiro de 1981 recibiu a Orde do Imperio Británico por tódolos servizos que lle levara prestado ó Celtic en toda a súa traxectoria deportiva.

Categoría:Futbolistas de Escocia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Celtic FC Categoría:Nados en Escocia Categoría:Nados en 1943 Categoría:Xogadores do Houston Hurricane Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Escocia Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA