«Cielo e terra» (en galego: «Ceo e terra») é unha canción composta por Mario Robbiani e interpretada en italiano por Anita Traversi. Lanzouse como sinxelo en 1960 mediante Jolly Hi-Fi Records. Foi elixida para representar a Suíza no Festival de Eurovisión de 1960 tras gaña-la final nacional suíza, Schweizer Vorentscheid 1960.

Festival de Eurovisión 1960 Selección «Cielo e terra» cualificouse para representar a Suíza no Festival de Eurovisión 1960 tras gaña-la final nacional suíza, Schweizer Vorentscheid 1960.

No festival A canción participou no festival celebrado no Royal Festival Hall o 29 de marzo de 1960, sendo interpretada pola cantante suíza Anita Traversi. A orquestra foi dirixida por Cédric Dumont.

Foi interpretada en noveno lugar, seguindo a Mónaco con François Deguelt interpretando «Ce soir-là» e precedendo aos Países Baixos con Rudi Carrell interpretando «Wat een geluk». Ao final das votacións, a canción recibiu 5 puntos, obtendo o oitavo posto de 13 xunto a Italia.

Versións En 1960, a cantante Tonina Torrielli, unha das representantes de Italia no Festival de Eurovisión 1956, gravou a canción.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Suíza no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua italiana Categoría:Cancións de 1960 Categoría:Sinxelos de 1960 Categoría:Cancións de Eurovisión 1960 Categoría:Cancións de Suíza en Eurovisión