Kunzang Choden, nada no distrito de Bumthang en 1952., é unha escritora de Bután. Foi a primeira muller do seu país en publicar unha novela en lingua inglesa. Traxectoria
Filla de terratenentes feudais, aos nove anos foi estudar á India, onde aprendeu inglés. Estudou Psicoloxía na Universidade de Delhi (Indraprastha College) e Socioloxía na Universidade de Nebraska-Lincoln. Traballou para o Programa de Desenvolvemento da Organización das Nacións Unidas en Bután.
Casada cun home suízo, vive en Thimphu.
En 2005 publicou a súa primeira novela, The Circle of Karma. Está ambientada na década de 1950, logo da independencia de Bután. A protagonista, traballadora na construción de estradas, debe loitar cos tradicionais e restritivos roles de xénero previos á independencia do país, así como aos novos tipos de sexismo do liberalismo comercial.
Obras Folktales of Bhutan (1994) Bhutanese Tales of the Yeti (1997) Dawa: The Story of a Stray Dog in Bhutan (2004) The Circle of Karma (2005) Chilli and Cheese- Food and Society in Bhutan (2008) Tales in Colour and other stories (2009)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Chaubey, Ajay K, et al. Women Writers of the South Asian Diaspora. Jaipur: Rawat, 2020
Categoría:Nados en Bután Categoría:Nados en 1952 Categoría:Alumnos da Universidade de Delhi Categoría:Alumnos da Universidade de Nebraska-Lincoln Categoría:Escritores de Bután Categoría:Escritores en lingua inglesa